O Consello Consultivo vén de emitir o seu ditame a respecto do decreto co que a Consellería de Educación vai regular os comedores escolares.
Á marxe de advertir o departamento de Jesús Vázquez a respecto de
certos defectos no período de consultas cos colectivos implicados -como
as asociacións de nais e pais- o organismo sanciona a legalidade do
decreto. Non obstante, a presidenta do Consultivo, Teresa Conde-Pumpido,
anexou ao ditame un voto particular para alertar do risco de non
garantirlle a gratuidade do comedor ao alumnado que utiliza o transporte
escolar.
Apoiándose na lei educativa aínda vixente, Conde-Pumpido lembra que a normativa actual "impón a gratuidade non só dos servizos escolares de transporte, senón tamén, 'no seu caso', do comedor e internado". A lexislación, di, "estase a referir a que a totalidade destes servizos, de seren necesarios, deberá ser gratuíta". Isto, especifica, acontece "naquelas zonas rurais nas que se considere aconsellable a escolarización dos nenos nun municipio próximo ao da súa residencia" e esta "veña imposta pola Administración educativa para garantir a calidade do ensino".
Segundo a presidenta, ao abeiro da LOE "semella obvio" que desta disposición "non deben derivarse" consecuencias negativas "para os afectados", isto é, para o alumnado e as súas familias. Polo tanto, e apoiándose tamén en decretos semellantes doutras autonomías, Conde-Pumpido lémbralle á Xunta que "a lei orgánica ordena a gratuidade dos servizos de comedor neste específico suposto", que "normalmente" vén "asociado á existencia de xornada de mañá e tarde ou xornada lectiva partida", a cal obriga o alumnado a ficar no colexio a mediodía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario