Esta podería ser perfectamente a palabra
definitoria do resultado da reunión da asemblea da asociación de nais e pais celebrada
onte no colexio de Agolada.
Ao remate nin
renovación nin disolución, senón que seguirá a actual xunta directiva, coa súa
mesma composición ate finais deste curso, nun intento de darlle continuidade a
un proxecto encetado fai xa dez anos, no que -non sen unha elevada dose de
ilusión- nos embarcamos algúns dos compoñentes do colectivo de nais e pais do
colexio.
A pesares de que neste
momento, e coa actual tesitura, as
cousas mudaron moito: A falla de recursos cos que poder organizalas actividades
extra escolares, a escaseza de apoio a tódolos niveis amosada pol@s nais e
pais, o desleixo e a pasividade –ou incluso o ofuscamento e a represión- da
administración, non axuda para nada a continuar coa tarefa que nos ven
encomendada polos nosos estatutos, aquí seguimos. Pode que máis desalentados,
pero, con todo, tentaremos de dar cumprida conta da nosa función, do mellor
xeito posible, pese a tódalas carencias e contrariedades antes apuntadas.
O contido do noso empeño
non é outro máis que a procura dunha eficiente educación para @s nos@s fill@s,
entendida como a única maneira e o fin último para melloralo percorrido vital
de tódalas persoas, xa que dentro da educación e da cultura podemos atopalas
respostas para unha convivencia real en sociedade e mailos valores polos que
paga a pena anhelar. E isto ven recollido dun xeito definitorio dentro dos
estatutos da asociación nos que, literalmente
se expresa que esta ten como principais
obxectivos:
-
Asistir
a tódolos pais, nais e titores do CEIP. De Agolada en todo o relativo á
educación, instrución e defensa dos seus fillos, participar na elección de
representantes dos pais e nais nos órganos colexiados do Centro, así como
colaborar na labor educativa do mesmo.
-
Colaborar
e intervir na elaboración, desenvolvemento ou modificación do regulamento do
réxime interno do centro, fomentar as relacións de cooperación do cetro con
outros establecementos escolares e sectores sociais e culturais do entorno.
-
Defender
a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, a efectiva
igualdade de dereitos dos alumnos, sen ningún tipo de discriminación; requirir ós poderes públicos o
cumprimento das leis, regulamentos e plans de educación; desenvolver programas
de educación familiar; promover actividades formativas, culturais e estudios; contribuír
ó correcto funcionamento dos diversos servizos do centro e promover relacións
de colaboración entre os pais e nais e os profesores do mesmo.
Agardando, xa que logo, dar cumprida conta
e tomar debida nota de todo canto queda exposto, esperamos a comprensión e a
colaboración de todos cantos teñen unha implicación directa como parte
interesada nos asuntos do alumnado e de tódolos integrantes da comunidade
educativa do colexio de Agolada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario