Case 800 euros de gasto anual por cada alumno no servizo de comedor para as familias do rural galego.
Ese é o elevado importe ao que, segundo denuncia o Sindicato Labrego
Galego (SLG), deberán facer fronte os labregos do país logo de que a
Xunta incrementase o custo do comedor escolar nos centros educativos.
Para o SLG, este aumento no importe do comedor escolar trátase "dunha medida antidemocrática, xa que grava un dereito recoñecido pola Constitución que debería ser gratuíto, segundo reza o seu artigo 27.4 ("O ensino básico é obrigatorio e gratuíto")". Ademais, o sindicato recorda que a este gasto habería que sumarlle "o dispendio en libros de texto e outros relacionados coa escola que teñen que facer as familias galegas, que é o máis alto do Estado despois da Comunidade de Madrid". Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), o desembolso medio que afrontan os pais e nais na escola pública para este curso é de 1.268 € por cada neno ou nena, onde se incluirían libros, matrícula ou material escolar.
Pero ademais, o SLG lembra tamén que non se librarían destes incrementos nos gastos as familias labregas con cativos de 0 a 3 anos logo de que a Consellería de Traballo "volvese subir as taxas das garderías en 2013 tras o brutal incremento realizado en 2012". Así, as familias usuarias terán que facer fronte a subas de até 5 euros, "un suma e segue despois de que o ano pasado as taxas das escolas infantís se incrementasen en máis dun 20%, chegándose a duplicar o prezo dalgúns servizos como o comedor".
"A forte suba nos custes dun sistema educativo que debería ser gratuíto e universal volve discriminar, especialmente, aos nenos e nenas do rural", denuncia SLG, que cre que a carestía das escolas infantís e as longas distancias que deben percorrer os nenos "veda de facto este servizo á maioría das familias labregas do país". "No caso dos comedores escolares, que son para a maioría das familias labregas unha obriga, supoñen unha erosión importante das súas rendas que debemos unir á suba continua dos custos de produción nas actividades agrogandeiras", insiste.
Ademais, o sindicato tamén recorda que os ingresos na profesión agraria "sofren fortes altibaixos" e denuncia que a consellería de Educación xa prevé a imposibilidade de utilizar o comedor escolar no caso de que se deixe de pagar un mes. "Que farán as familias labregas cos seus fillos e fillas nos meses que baixe o saldo positivo nas explotacións e non dean as contas para pagar o comedor escolar? Creará a Consellaría de Educación guetos nos centros escolares para que poidan comer os nenos e nenas do rural cuxas familias non dean custeado o servizo de comedor?", pregúntase.
O SLG pide á Xunta de Galicia e ás consellarías responsables "que cumpran con actos as súas constantes e baleiras promesas de apoio ao medio rural". "Dificilmente podemos facer fronte ao imparable proceso de desertización e abandono do campo que levamos sufrindo nas últimas décadas se, dende a Administración, se gravan ou se fan imposibles servizos e dereitos no rural que son gratuítos e accesibles para a cidadanía dos centros urbanos", conclúe.
Ante isto, o SLG expresa o noso total apoio á marcha reivindicativa organizada pola Plataforma en Defensa da Montaña e do Rural, que este sábado, 7 de setembro, culminará en Fisterra o Camiño de Santiago iniciado o 13 de xullo na praza do Obradoiro "en defensa, precisamente, dun ensino público e gratuíto para todos os nenos e nenas cuxas familias seguen a apostar por vivir no campo ou por ter na agricultura e na produción de alimentos o seu medio de vida".
O gasto do comedor escolar por alumno ascende a 800 euros ao ano para as familias do ruralSegundo a orde publicada pola Consellería de Educación no DOG, as familias terán que pagar até 4,5 euros polo xantar. Dado que o vindeiro curso escolar terá 177 días lectivos, o gasto por cada alumno das familias ascenderá a 796,5 euros no caso de que os rapaces teñan que quedar todos os días a comer no centro escolar, algo que segundo o SLG é case obrigado no caso do rural "debido ás grandes distancias ata as escolas e que fai inviable que os cativos veñan comer á casa".
Para o SLG, este aumento no importe do comedor escolar trátase "dunha medida antidemocrática, xa que grava un dereito recoñecido pola Constitución que debería ser gratuíto, segundo reza o seu artigo 27.4 ("O ensino básico é obrigatorio e gratuíto")". Ademais, o sindicato recorda que a este gasto habería que sumarlle "o dispendio en libros de texto e outros relacionados coa escola que teñen que facer as familias galegas, que é o máis alto do Estado despois da Comunidade de Madrid". Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), o desembolso medio que afrontan os pais e nais na escola pública para este curso é de 1.268 € por cada neno ou nena, onde se incluirían libros, matrícula ou material escolar.
Pero ademais, o SLG lembra tamén que non se librarían destes incrementos nos gastos as familias labregas con cativos de 0 a 3 anos logo de que a Consellería de Traballo "volvese subir as taxas das garderías en 2013 tras o brutal incremento realizado en 2012". Así, as familias usuarias terán que facer fronte a subas de até 5 euros, "un suma e segue despois de que o ano pasado as taxas das escolas infantís se incrementasen en máis dun 20%, chegándose a duplicar o prezo dalgúns servizos como o comedor".
Familias mileuristas poden pagar até uns 2.500 euros anuais por cada cativo nunha escola infantil"Agora mesmo, familias mileuristas (con renda superior a 1.065 € ao mes) terán que pagar 235,06 euros mensuais por praza nunha escola infantil con servizo de comedor; só este servizo subiu, neste tramo de rendas, 40 euros dende 2012, custando na actualidade 71,54 euros ao mes", aclara o SLG, que resume que, dado que os nenos e nenas de 0 a 3 anos poden asistir até 11 meses ao ano á escola infantil, estariamos a falar "dun desembolso anual máximo de 2.585 euros por cativo ou cativa".
"A forte suba nos custes dun sistema educativo que debería ser gratuíto e universal volve discriminar, especialmente, aos nenos e nenas do rural", denuncia SLG, que cre que a carestía das escolas infantís e as longas distancias que deben percorrer os nenos "veda de facto este servizo á maioría das familias labregas do país". "No caso dos comedores escolares, que son para a maioría das familias labregas unha obriga, supoñen unha erosión importante das súas rendas que debemos unir á suba continua dos custos de produción nas actividades agrogandeiras", insiste.
"A carestía das escolas infantís e as longas distancias que deben percorrer os nenos veda de facto este servizo á maioría das familias labregas", denuncia o SLGDe feito, a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) vén de publicar un informe no que demostra que os custos de produción supoñen xa o 93% da renda agraria total, con incrementos dos prezos dos pensos nun 8%, dos fertilizantes nun 9%, ou da enerxía -electricidade e gasóleo- nun 18%. "E iso que non contabilizaron os gastos escolares!", lembra o SLG.
Ademais, o sindicato tamén recorda que os ingresos na profesión agraria "sofren fortes altibaixos" e denuncia que a consellería de Educación xa prevé a imposibilidade de utilizar o comedor escolar no caso de que se deixe de pagar un mes. "Que farán as familias labregas cos seus fillos e fillas nos meses que baixe o saldo positivo nas explotacións e non dean as contas para pagar o comedor escolar? Creará a Consellaría de Educación guetos nos centros escolares para que poidan comer os nenos e nenas do rural cuxas familias non dean custeado o servizo de comedor?", pregúntase.
O SLG pide á Xunta de Galicia e ás consellarías responsables "que cumpran con actos as súas constantes e baleiras promesas de apoio ao medio rural". "Dificilmente podemos facer fronte ao imparable proceso de desertización e abandono do campo que levamos sufrindo nas últimas décadas se, dende a Administración, se gravan ou se fan imposibles servizos e dereitos no rural que son gratuítos e accesibles para a cidadanía dos centros urbanos", conclúe.
Ante isto, o SLG expresa o noso total apoio á marcha reivindicativa organizada pola Plataforma en Defensa da Montaña e do Rural, que este sábado, 7 de setembro, culminará en Fisterra o Camiño de Santiago iniciado o 13 de xullo na praza do Obradoiro "en defensa, precisamente, dun ensino público e gratuíto para todos os nenos e nenas cuxas familias seguen a apostar por vivir no campo ou por ter na agricultura e na produción de alimentos o seu medio de vida".
Ningún comentario:
Publicar un comentario