A
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da cal forma parte a
nosa organización, convoca unha marcha a Santiago este sábado, 28 de
setembro, que terá como reivindicación fundamental a exixencia de que o
Goberno central retire a LOMCE.
Para a Marcha, a Plataforma ofrece autobuses desde diferentes comarcas. Os puntos de saída (aos que chegarán os autobuses) son:
- A Ponte da Rocha
- Inmediacións do CEIP Lamas de Abade
- Polígono do Tambre (rúa Boisaca)
- Monte do Gozo
Destes lugares sairase a pé ás 10:30 en dirección á Praza
de Praterías, na que se fará ao final (cara ás 12h) un acto
reivindicativo.
Animamos ao estudantado e á cidadanía en xeral a participar
desta marcha para amosar unha vez máis o rexeitamento do pobo galego á
lei da Wertgoña.
*Podes botarlle un ollo ao manifesto da plataforma clicando aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario