O Grupo Popular no Congreso aceptou varias emendas transaccionais de
UPyD ao proxecto de reforma educativa (Lomce). Entre elas, unha que di:
"As Administracións educativas garantirán o dereito dos alumnos a
recibir as ensinanzas en castelán, lingua oficial do Estado, e nas
demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios. O castelán é
lingua vehicular do ensino en todo o Estado e as linguas cooficiais
sono tamén nas respectivas comunidades autónomas, de acordo cos seus
estatutos e normativa aplicable,".
Á primeira parte da frase, que estaba xa na redacción do proxecto, engádese esa segunda parte, que insiste, con máis concreción, na mesma idea, introducindo o concepto de "lingua vehicular". Parécenos importante establecer que o castelán non pode quedar excluído en ningunha parte de España, quedando como marxinal no ensino, como aconteceu en Cataluña, asegura Carlos Martínez Gorriarán, voceiro de Educación de UPyD. E engade: "Non nos parece suficiente, pero é un pequeno paso adiante".
O ensino en castelán en Cataluña é unha das grandes polémicas do proxecto de lei que se está a tramitar no Congreso, pois a futura Lomce establece que a Generalitat deberá pagar un colexio privado en castelán aos pais que o esixan se non hai oferta dese tipo na escola pública nin na concertada. O Tribunal Supremo ditaminou en varias sentenzas que o Goberno catalán debe ofrecer a posibilidade de estudar en castelán como lingua vehicular nunha "proporción razoable" de materias, pero non dixo cal é esa proporción, que haberá de fixar a Generalitat. Actualmente, o modelo escolar é o de inmersión lingüística, co catalán como lingua principal de ensino para todos os alumnos.
O Grupo Popular, coas 12 emendas transaccionais acordadas con UPyD (e unha aceptada integramente), aumenta a decena inicial que aceptara das 727 presentadas pola oposición á Lomce. Outra delas di: "O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoverá o préstamo gratuíto de libros de texto e outros materiais curriculares para educación básica nos centros sostidos con fondos públicos, no seo da Conferencia de Educación,".
Á parte deste achegamento a UPyD, a reforma educativa, que chegará ao Pleno do Congreso previsiblemente o 10 de outubro, avanza sen o máis mínimo asomo de achegamento entre o PP e a maioría da oposición. Os grupos de PSOE, IU, CiU, BNG e PNV ratificáronse esta semana hoxe na súa intención de rematar coa futura lei en canto cambie a maioría parlamentaria, porque consideran que a norma "ataca a igualdade de oportunidades, supón un retroceso na calidade educativa e leva consigo unha transgresión das competencias autonómicas". Unha vez aprobado o día 10, o texto será enviado ao Senado, onde se introducirán os cambios que crean necesarios antes de mandalo de volta ao congreso para a súa ratificación definitiva.

Ningún comentario:
Publicar un comentario