Dende o retorno do PP á Xunta en Galicia producíronse dous exemplos paradigmáticos neste ámbito. O primeiro, coa fin do programa de préstamo de libros de texto. A comezos de xuño de 2009, apenas dous meses despois de gañar as eleccións, Alberto Núñez Feijóo aseguraba que "todas as rendas medias e baixas van manter a gratuidade dos libros de texto", se ben o pŕestamo de balde resultaba "perverso" por, entre outros aspectos, "impedirlles aos nenos ter libros de seu e interactuar con eles". A finais do mesmo mes o presidente xa afinara máis o argumento: "como a Xunta non pode pagarlles os libros a todos, o razoable é que llelos pague a quen máis o necesitan".
As axudas para libros de texto non chegan, segundo a propia Xunta, ao 35% do alumnadoEn setembro do mesmo ano o Goberno galego xa tiña no forno o cambio de sistema: fin do préstamo e implantación dun modelo de axudas parciais. Ante as protestas de sindicatos e oposición, Feijóo saíu en tromba: "Non lles imos pagar os libros aos deputados e deputadas" nin a quen ten "uns salarios privilexiados". Desta filosofía saíu o programa denominado Gratuidade solidaria, que segundo cálculos da propia Xunta incluídos nos Orzamentos Xerais de 2013 deixa o 35% do alumnado sen axuda ningunha. Ademais, atendendo ao denunciado polas ANPAS e as centrais sindicais educativas, en raras ocasións a axuda cobre o custo total dos manuais escolares.
Rexeitamento á reforma do IRPF, suba de comedores
Un argumentario moi semellante foi o que lle serviu a Feijóo para xustificar a suba de arredor do 40% nos comedores escolares, nun cambio normativo que implica ademais que, por primeira vez, o alumnado que utiliza o transporte escolar teña que pagar por xantar na escola. En marzo deste mesmo ano o presidente presentaba o incremento de prezos como unha vía para a "equidade". "Non lle cobramos a quen o necesita e si lle cobramos a quen pode", toda vez que "cos cartos dos parados non imos pagar o comedor da xente que ten traballo e pode pagalo". Mentres, no Parlamento, rexeitaba as iniciativas da oposición que o instaban a subirlles o IRPF ás persoas que ingresen máis de 100.000 euros anuais, dende San Caetano sinalaba que "hai modelos que consisten en que paguen o mesmo os que teñen e os que non teñen", pero esta Xunta aposta "pola xustiza social".Feijóo defende que o seu modelo garante a "equidade" e a "xustiza social", porque "cos cartos dos parados non pagamos o comedor de quen pode pagalo"Este mesmo mércores, día do inicio do curso escolar en Galicia, Feijóo botou man da mesma teoría en sede parlamentaria. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, reprocháballe que, pasando por riba da vixente lei educativa, a Xunta se dispoña a "cobrarlles os comedores aos nenos e nenas que van en transporte escolar", 20.000 dos cales nin sequera teñen a "posibilidade" de ir comer á casa, xa que viven en zonas rurais, "montan en autobuses ás 7 da mañá e, cando están no centro, non volven á casa para xantar porque nin os levan". "A vostede simplemente lle interesa que os que vaian en transporte non paguen? E que aqueles fillos de parados sen prestación, paguen porque non teñen transporte escolar?", retrucou Feijóo.
Segundo o xefe do Executivo defender a gratuidade destes servizos no momento do seu uso non se pode soster "dende o punto de vista da equidade". "Vostede quere que se lle paguen os libros escolares a todos e nós, a quen non os pode comprar". "Hai dous modelos de educación, o seu e o noso", evidencia, antes de asegurar que "o seu é o do fracaso escolar e o de tratar" o alumnado "con independencia da renda" da familia. "Volva aos principios socialdemócratas do PSOE", eses que, atendendo ao líder da dereita en Galicia, din que "os que teñen renda nos axudan e os que non a teñen, hai que financiar o transporte, a educación, as bolsas e as taxas". En definitiva, para Feijóo, "hoxe temos unha educación máis pública que antes".
"Os servizos públicos deben estar fundamentados nos impostos"
"En liñas xerais, estou de acordo cun financiamento dos servizos públicos fundamentado nos impostos".
Ante as dúas liñas políticas presentadas como progresividade, a
aplicada nos impostos e a trasladada ao momento de empregar as
prestacións públicas, o economista David Peón explica, ao ser consultado
por Praza Pública, que "a problemática do déficit do sector público
está, principalmente, nun baixo nivel recadatorio", polo que a renda da
cidadanía debera terse en conta, sobre todo, á hora de cobrarlle
impostos.
Dende o punto de vista de Peón servizos como "sanidade ou educación" deben ser accesibles sen repagamentos, o que n on impide, ao seu xuízo, que "nalgúns aspectos" se poida "introducir algún tipo de incentivos nos que o factor de renda compute" para ámbitos como a prestación farmacéutica. Aí, como nas bolsas universitarias, exemplifica, "vería ben que se tivese en conta" ese criterio, "pero sempre garantindo a igualdade no acceso para todo o mundo". A xuízo de peón é positivo que a cidadanía sexa "consciente do gasto" pero "o problema do financiamento do Estado -subliña- está no baixo nivel recadatorio".
Dende o punto de vista de Peón servizos como "sanidade ou educación" deben ser accesibles sen repagamentos, o que n on impide, ao seu xuízo, que "nalgúns aspectos" se poida "introducir algún tipo de incentivos nos que o factor de renda compute" para ámbitos como a prestación farmacéutica. Aí, como nas bolsas universitarias, exemplifica, "vería ben que se tivese en conta" ese criterio, "pero sempre garantindo a igualdade no acceso para todo o mundo". A xuízo de peón é positivo que a cidadanía sexa "consciente do gasto" pero "o problema do financiamento do Estado -subliña- está no baixo nivel recadatorio".
Ningún comentario:
Publicar un comentario