Os órganos de representación do persoal universitario, centrais
sindicais e organizacións estudantís concentraranse este venres en
Compostela coincidindo coa celebración do acto de apertura do curso
académico. Ás 11 horas porase en escena unha tesoirada no Obradoiro, e
ás 11.30 a protesta chegará ás portas do Pazo de Fonseca, onde se
realiza o acto oficial, e onde se pretende que as autoridades presentes
escoiten as críticas da comunidade universitaria.
Tamén se sinala que "a suba de taxas, pero sobre todo, a reforma Wert do sistema de bolsas expulsan do ensino superior os estudantes de familias con menos recursos". E lémbrase que "o persoal das universidades galegas leva varios anos sufrindo recortes salariais cunha perda do poder adquisitivo do 25%" e que paralelamente "a non reposición das vacantes provoca unha grave descapitalización das universidades e unha atención cada vez máis deficiente ás actividades docentes e investigadoras".
Ás 11.30 a protesta chegará ás portas do Pazo de Fonseca, onde se realiza o acto oficial, e onde se pretende que as autoridades presentes escoiten as críticas da comunidade universitariaDenuncian que a rebaixa orzamentaria no Sistema Universitario Galego é do 20% nos últimos catro anos e que o financiamento estrutural, que cobre os gastos de persoal e os gastos correntes básicos das universidades, pasou en 2013 de 290,06 millóns de euros a 250,74 millóns. Tamén alertan da "intromisión na autonomía universitaria" que supón a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia busca un cambio de modelo que pasa polo afogo económico e a privatización das universidades.
Tamén se sinala que "a suba de taxas, pero sobre todo, a reforma Wert do sistema de bolsas expulsan do ensino superior os estudantes de familias con menos recursos". E lémbrase que "o persoal das universidades galegas leva varios anos sufrindo recortes salariais cunha perda do poder adquisitivo do 25%" e que paralelamente "a non reposición das vacantes provoca unha grave descapitalización das universidades e unha atención cada vez máis deficiente ás actividades docentes e investigadoras".
Chaman a acudir "cunha tesoira na man (de papel ou cartón)" e a construír entre todos os participantes unha silueta de tesoiraPara a devandita tesoirada as organizacións convocantes (CIG, CCOO, CUT, FETE-UGT, Comités, Liga Estudantil Galega, Sindicato de Estudantes, Comité intercentros de PAS USC, Comité de empresa do PAS UdC, Comité de empresa de PDI da USC, Comité de Empresa de PDI da UdC, XPDI USC, XPDI da UdC, Xunta do PAS da USC, Xunta do PAS da UdC, Alternativa de PAS Asemblearia, Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo, Plataforma de anulados USC) chaman a acudir "cunha tesoira na man (de papel ou cartón)" e a construír entre todos os participantes unha silueta de tesoira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario