Comunicado da plataforma en defensa do ensiño publico de inicio de curso.
A aplicación das medidas derivadas dos brutais recortes no ámbito
educativo decretados polos Gobernos do Partido Popular están a provocar
situacións alarmantes en toda a comunidade educativa, e poñen en perigo o
ensino público, atacando a igualdade de oportunidades e retrocedendo
nos avances conseguidos nas últimas décadas no modelo educativo do noso
país.
Os ataque ao ensino público en Galicia hai que velos como o que servirá
para rematar a faena iniciada fai tres cursos. Desde a chegada do
goberno do Partido Popular repítese de xeito constante o feito de que
cada curso comeza cunha diminución importante de profesorado, feito que
temos denunciado de xeito reiterado e ao que a Consellaría resposta de
xeito continuado negando esta evidencia. Debemos salientar que os datos
publicados polo Ministerio no mes de xuño desmenten á propia Consellería
ao establecer unha perda de Profesorado en Galicia nos dous últimos
anos de case 1300 docentes, a estes datos hai que engadir a perda de 69
postos de traballo no ensino primario. En secundaria, aínda estamos
pendentes da adxudicación definitiva de destinos para poder ter datos
concretos, pero debemos facer notar o incremento da afinidade e da
mobilidade entre corpos.
Con todas estas medidas suprímense todos os elementos de calidade que
proveñen da LOXSE (atención á diversidade, reforzos, desdobres...).
O que si temos que subliñar é que esta administración non facilita os
datos solicitados (xubilacións, alumnado matriculado...) facendo gala
dun obscurantismo propio doutras épocas.
Hai que facer unha mención concreta e especial ao peche de unidades de
infantil e primaria, que este ano serán 57 unidades menos, transformando
escolas pequenas en unitarias, pasando a ser atendidas por un só
docente (non hai especialistas para estes rapaces) en algúns casos con
20 alumnos/as de diferentes idades de infantil e primaria.
Os efectos da desaparición da gratuidade universal dos libros de texto
fai dous cursos, e que este ano se concreta na desaparición dos últimos
cursos co sistema de préstamo, fan que a situación sexa máis insostible
este ano pola actual crise e concretase en que máis dun terzo de
familias non teña diñeiro suficiente para libros e material escolar.
A modificación do sistema de becas que establece os limiares de renda e
as contías das axudas ao estudo amplía e consolida as políticas de
recortes comprometendo a igualdade de oportunidades e rompendo
definitivamente co carácter compensador que debe ter o sistema,
endurecendo os requisitos de acceso e facendo que as capas máis baixas
da sociedade teñan máis difícil o acceso e a continuidade no sistema
educativo.
Coa aprobación do Decreto de Comedores Escolares o alumnado usuario do
transporte público xa non ten, automaticamente, comedor de balde ademais
de encarecer o gasto escolar, ao aumentar os umbrales de pagamento, o
que perverte a finalidade do comedor escolar como un recurso
educativo de compensación das desigualdades sociais.
Debemos facer notar que os ditames do Consello Escolar de Galicia,
contrarios ao decreto de comedores e os Ditames do Consello de Estado
sobre a LOMCE e o decreto de becas, fan fincapé no feito de que se esta a
vulnerar a igualdade de oportunidades e a equidade no sistema
educativo, e deixan ao goberno central e autonómico nunha posición
solitaria nestes asuntos.
Debemos denunciar a situación dos concertos dos centros que segregan
por sexo, onde a Consellería fai caso omiso da sentenza do TSXG que
impide o concerto a estes centros porque se vulnera o dereito á
igualdade de oportunidades dos nenos e nenas na educación e entende que
hai discriminación por razón de sexo. A formula que a Consellaría
establece constitúe un intento de saltarse a sentenza, e seguir mantendo
estes concertos en espera da aprobación da LOMCE.
Neste curso está pendente a aprobación da LOMCE que como xa viñemos
denunciando supón un marcado retroceso. O obxectivo último da proposta é
deteriorar o ensino público en favor dun ensino de elite que responda
aos prantexamentos ideolóxicos da dereita máis rancia deste país. A
actual escola pública non lles garante o control social que pretenden.
As accións contra esta lei continuaran a ocupar a nosa acción dun xeito importante este curso.
Así mesmo continuaremos denunciando a intención de destruír un modelo
educativo de calidade e equidade. Seguiremos mobilizándonos e facemos un
chamamento á sociedade para que participe nas mobilizacións que se
convoquen porque está en xogo a educación do noso país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario