luns, 16 de setembro de 2013

Nota de prensa do Movemento Dezao Polo Ensino Público


NOTA DE PRENSA

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ven de convocar o día 28 de setembro unha MARCHA A SANTIAGO CONTRA A LOMCE dentro do seu programa de mobilizacións para este trimestre.

Ante a evidencia de que o Ministerio de Educación non está a dar mostras de dar ningún paso atrás na súa intención de aprobar a LOMCE en todos os seus extremos a Xunta Directiva do Movemento Dezao acordou secundar e participar como tal na mencionada convocatoria e así seguir a informar e mobilizar á cidadanía contra este proxecto ministerial.

A marcha terá un percorrido de aproximadamente catro quilómetros ata chegar á Praza de Praterías, no corazón da zona vella de Compostela. Haberá catro columnas de xente que marcharán simultaneamente cara á praza para simbolizar o rexeitamento de toda a comunidade educativa do país a unha norma tan lesiva para o sistema público de ensino como é a LOMCE. Unha vez na praza terá lugar un acto lúdico e reivindicativo.

HORARIOS PARA O GRUPO DEZAO:
Chegada ao punto de inicio da marcha (CEIP LAMAS DE ABADE) à 10:00
Inicio da marcha a pe cara a Praza de Praterías à 10:30
Chegada a Praterías e inicio do acto lúdico e reivindicativo à 12:00
Finalización do acto à 13:00
Volta para Deza à aprox. 14:00

O Movemento Dezao estuda a posibilidade de contratar buses para este día. A expensas dos trámites pertinentes xa se adianta que o seu custo sería de aproximadamente 8€. O bus sairía de Lalín ás 09:00 no entorno da Estación de Autobuses e, de ser necesario, parará en Silleda e Bandeira, de camiño a Compostela.

Esta cuestión anunciarase a partir da próxima semana en todos os centros de ensino de Deza. Tamén se pedirá a colaboración de ANPAS.

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN – NON Á LOMCE

Deza, 14 de setembro de 2013
únete – móvete connosco

FACEBOOK à Movemento Dezao polo Ensino Público
CORREO ELECTRÓNICO à movementodezaoensinopublico@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario