O reitor da UDC di que “están contra as cordas” por culpa das políticas impostas polo Goberno e considera “razoábeis” as protestas do alumnado contra os recortes no sistema de axudas.
Arredor de 400 alumn@s da Universidade da
Coruña terán que devolver -se poden- as becas recibidas por non teren
superado a metade dos créditos, segundo desvelou o reitor da UDC, Xosé
Luís Armesto, nunha entrevista coa axencia Europa Press, na que tamén se
amosou partidario da dimisión do ministro do ramo, José Antonio Wert.
Armesto indica que “vai ser un problema
para @s que teñan que devolver o diñeiro por culpa das políticas
regresivas do Goberno”, contra as que dixo entender as mobilizacións
estudantís. Así mesmo, recoñeceu as importantes diferencias coa Xunta de
Galiza respecto ao financiamento ou a Lei de Universidades, “que pouco
achega”. “Sen financiamento é difícil ter universidades líderes a nivel
mundial”, explicou. “Estamos contra as cordas polos recortes, xa case
non temos marxe de actuación”, engadiu o reitor coruñés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario