Educación investirá 250.000 euros para realizar unha obra de ampliación no centro - A área, a vixésima da rede autonómica, fomentará a inserción laboral do alumnado.
Os traballos consistirán na ampliación dunha planta no edificio principal, que albergará a biblioteca, a sala de profesores e os despachos. Deste xeito, na planta inferior situarase o viveiro. As obras comezarán no mes de agosto e terán unha duración de seis meses, polo que é previsible que o servizo estea operativo ao longo do próximo curso. O proxecto contempla un reforzo das bases para poder construír encima.
A ampliación das instalacións é unha vella demanda do instituto, que hai tempo que quedou pequeno. Pero non é tarefa fácil dada a falta de espazo na mazá que ocupa. "Pediramos a ampliación do centro no que se puidese e esta é a única posible", comenta Uxío Grande. A obra permitirá liberar todo o espazo da planta baixa, a metade do cal albergaría o viveiro, e o resto quedaría para salas de profesores ou para a biblioteca, no caso de que esta non puidese trasladarse ao piso superior por cuestións técnicas, tal como está contemplado.
Zona de talleres
Unha segunda fase de actuación, aínda sen orzar, afectaría á zona de talleres. Tamén esta parte sería ampliada para habilitar novas aulas, seguindo o mesmo modelo de reforzo do edificio e construción doutra planta. En todo caso, trátase dun proxecto que aínda está en fase de estudo, segundo indicaron desde o centro.
Román Rodríguez transmitiu a Uxío Grande a importancia da posta en marcha do viveiro, o primeiro que se desenvolverá dentro dos centros educativos das comarcas. Un dos obxectivos da consellería pasa por ampliar a cobertura territorial da rede de viveiros, que agrupa 19 espazos e actualmente está integrada por centros do sete grandes cidades e concellos onde hai un Centro Integrado de Formación Profesional. Por tanto, o IES Laxeiro senta as bases da nova senda de implantación destes espazos máis aló das cidades e os CIFP. Os viveiros son unha ferramenta fundamental para fomentar o emprendimiento entre o alumnado e mellorar, en consecuencia, a súa inserción laboral no mercado de traballo. De feito, moitas das iniciativas empresariais xurdidas nestes espazos tiveron continuación como proxecto de negocio fose do viveiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario