
As palestras e obradoiros están a desenvolverse ao longo de todo o día, comezando por amosar estas experiencias innovadoras, coma as que achegan Belén Escariz Ferrín e Isabel Vázquez Rosales ("Normalizar en Infantil e Primaria. Un proxecto común") e Pilar Ponte Patiño ("Experiencias normalizadoras no IES da Pobra do Caramiñal").
Xa pola tarde Emilio Ínsua ofrecerá un relatorio titulado "As Irmandades da Fala. Un percorrido pola súa historia". A seguir, Carme Saborido Paz, profesora de portugués e membro de AGAL, impartirá un obradoiro de lusofonía, que afondará noutro dos obxectivos das xornadas (a conceptualización da lusofonía e implicacións sociolingüísticas e culturais, análise dos elementos comúns do galego e do mundo lusófono, deseño de actividades relacionadas coa lusofonía, e desenvolvemento de propostas didácticas e consideracións metodolóxicas vervo da lusofonía e a aprendizaxe da lingua).
Un concerto de Narf, a partir das 19 horas, pechará as xornadas, que queren achegar "propostas de futuro dende o ensino para a superación da situación actual de coñecemento e uso do galego e das linguas minorizadas do resto do Estado".
Ningún comentario:
Publicar un comentario