Motivos hai moitos para saírmos á rúa. Non hai día no
que a nosa realidade non se presente con inxustizas contra as que
loitar, mais tamén dándonos azos para afrontalas con enerxía. Porque a
rebeldía é, sobre todo, a ledicia contra a resignación e a construción
de alternativas contra os ditados do poder. Hai ocasións nas que os
ditames son especialmente inxustos e o que nos xogamos moi valioso, e é
aí cando precisamos conxugar unha resposta á altura das circunstancias.
Fronte ao moderno discurso de descrédito a calquera forma de expresión organizada, de exaltación do individualismo que nos convida á resignación e abandonar o camiño da transformación social agochando a cabeza, as estudantes galegas erguémonos coma sempre fixemos. Desta volta cunha nova ferramenta: Erguer. Estudantes da Galiza, a organización unitaria do estudantado galego; máis unido, máis organizado e con máis forza ca nunca. Erguerémonos este mércores de xeito extraordinario, sacrificando unha xornada do noso propio ensino como acto de protesta.
Porque desde a incompetencia dun poder que nos dá as costas, quen non ergue a voz non existe, e por iso xuntarémonos nas rúas de 18 vilas e cidades da Galiza, para que nos escoiten ben.
Como responsables e soberanas que nos reclamamos da nosa realidade, tremendamente sensible á correlación de forzas sociais, exercemos a defensa dos chanzos que pese aos atrancos fomos conquistando nós mesmas fronte a quen a quere desmantelar desde fóra atendendo a intereses alleos. Moitas pensamos que a democracia se exerce todos os días, e organizámonos para canalizar colectivamente a nosa vontade insubmisa ante un poder cada vez máis esmagador de todo o que recenda a progreso. E de todos os eidos atacados da nosa realidade, o ensino é a pedra angular.
Quen lexisla no ensino sen contar coa comunidade educativa -contra ela para ser máis precisos- está sendo incompetente en termos democráticos por riba de calquera outro cualificativo. Todo o contrario, porén, se o que pretende é a súa demolición. Quer incompetencia, quer asedio deliberado, non podemos permitirnos o luxo de ficar caladas.
Tan flagrantes son os ataques ao ensino que nin sequera tería que mencionar a LOMCE e o 3+2 neste texto para a estas alturas estardes todas ao tanto do que estamos denunciando. Mais ás veces as evidencias pasan desapercibidas polo feito de selo e fai falla repetilas ata que as superemos.
Falamos nin máis nin menos que dunha determinación política por deteriorar un ensino público no que non cren en favor do privado. Na universidade vemos como progresivamente se implanta un modelo no que o nivel de formación depende máis do poder adquisitivo das estudantes, pasando primeiro por Bolonia ata chegar ao 3+2, recaendo cada vez máis peso nos custosos mestrados. Modelo que se complementa á perfección coa LOMCE, unha lei antipedagóxica e clasista, ademais de españolista, que liquida a igualdade de oportunidades desde idades moi temperás e que pretende eliminar o galego e a nosa realidade nacional das aulas. É, a todos os niveis educativos, a expresión máis perfecta da ideoloxía reaccionaria do Partido Popular.
Non podemos acostumarnos a aturar estoicamente as chaparradas. Debemos tomar partido, o mércores e todos os días, porque ao día seguinte á folga seguiremos loitando desde a nosa realidade cotiá, nas aulas e na rúa, construíndo alternativa sempre desde a ilusión de saber que venceremos nós.

Ningún comentario:
Publicar un comentario