venres, 15 de abril de 2016

Galiza ergue a loita nas rúas

Logo das masivas mobilizacións desta mañá, desde Galiza Nova queremos parabenizar á organización unitaria do estudantado galego, Erguer. Estudantes da Galiza, polo éxito da xornada de Folga estudantil deste 13 de abril. Milleiros de estudantes participaron das mobilizacións que se produciron en 18 localidades no noso país contra a LOMCE e o Decreto 3+2.
O seguimento da folga, segundo os datos publicados por Erguer, foi dun 90% no ensino medio e universitario. Estes datos, xunto á masiva mobilización, amosan o rotundo éxito da folga estudantil, así como o rotundo rexeitamento  ás políticas educativas do estado español que Feijóo aplica sen remordementos na Galiza, coas que pretenden pechar as portas do ensino ás mozas e mozos da Galiza.
Galería de imaxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario