martes, 12 de abril de 2016

As anpas compostelás piden reducir o peso da parte económica nos concursos de comedores

A Federación de Anpas Compostela vén de presentarlle á Concellaría de Educación un documento de propostas para a elaboración do novo prego debe rexer a contratación do servizo de comedores no curso 2016-2017. Destaca o obxectivo de que a valoración económica teña "o mínimo valor posible", a fixación dun preo mínimo de 4 euros diarios pola totalidade do servizo e a desaparición do canon para o Concello como elemento baremable. Así mesmo, apostan pola contratación con dúas empresas diferentes "o que nós entendemos como dous servizos diferentes": o de subministración da comida (catering) e o atención aos usuarios (monitores/as).
Apostan por fixar no prego que as cociñas estean nun radio máximo marcado na contratación, propoñendo 50 quilómetro "e que esa distancia se estableza como un requisito, non como unha opción baremable"
Propoñen tamén que os elementos obxectivos presentes na convocatoria sexan "requisitos obrigatorios e non cuestións que afecten á adxudicación". Neste senso apostan por fixar no prego que as cociñas estean nun radio máximo marcado na contratación, propoñendo 50 quilómetro "e que esa distancia se estableza como un requisito, non como unha opción baremable". De igual xeito, pide desenvolver un catálogo de condicións de calidade, de cara a promover a utilización de produtos de proximidade, a utilización de produtos de tempada e a utilización de produtos frescos
Demandan tamén que "calquera achega económica que poida facer o Concello" se dedique "á mellora e incremento do programa de bolsas de comedor, e que estas deben contar cunha gradación de axudas que posibiliten a maior cobertura posible das situacións de necesidade".

Participación

Pide desenvolver un catálogo de condicións de calidade, de cara a promover a utilización de produtos de proximidade
Reclaman tamén a "participación das familias". "Queremos que as familias poidamos ser usuarias ordinarias do comedor escolar, de tal maneira que poidamos estar matriculados como usuarios ocasionais, e poidamos utilizar o servizo sen máis aviso que o que fai calquera usuario desta categoría. Por suposto, aboando o prezo que se estableza", sinalan.
Propoñen, igualmente, a creación dunha comisión permanente, que se reúna cunha periodicidade bimestral, na que estean representados paritariamente: a empresa adxudicataria, o Concello de Compostela, e a Federación de Anpas-Comisión de comedores. De igual xeito, piden qu se habiliten fórmulas para recoller a opinión dos usuarios e usuarias específicas, os nenos e nenas, para que poidan valorar como é o servizo que se lles presta, e como perciben a súa calidade e atención.

Ningún comentario:

Publicar un comentario