Participará tamén nas manifestación previstas para esixir a paralización e derrogación da LOMCE e, por tanto, das reválidas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público quere facer público o apoio á folga convocada polo estudantado
galego no ensino secundario e universitario para mañá mércores, 13 de
abril, baixo o lema “Defender o público é defender o futuro, nin
imposicións españolas nin europeas, non á LOMCE e non ao 3+2”.
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público son
numerosas as razóns que xustifican esta convocatoria. É totalmente
inaceptábel que a Consellaría de Educación continúe obcecada coa
aplicación da LOMCE, malia a constatación de que está a supor unha
involución educativa e un deterioro do ensino público. A súa disposición
a convocar este curso a proba xeral de 3º de Primaria e a proba de
avaliación final de 6º de Primaria son a evidencia de que sufrimos unha
Consellaría que actúa exclusivamente en función dos seus intereses
ideolóxicos e partidarios e con total submisión ao Goberno de Madrid, no
canto de proceder en función das necesidades do sistema educativo
galego.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público participará tamén nas manifestación previstas para esixir a paralización e derrogación da LOMCE e, por tanto, das reválidas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público participará tamén nas manifestación previstas para esixir a paralización e derrogación da LOMCE e, por tanto, das reválidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario