A iniciativa, creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, procura impulsar o galego nas últimas tendencias, sen complexos e coa posta en valor dunha das nosas imaxes tradicionais.
O fotógrafo José Goris, da Bandeira, e o colectivo Galego en Londres, que naceu nas aulas de lingua galega do Instituto Cañada Blanch
de Londres e que hoxe en día trascendeu os muros do instituto e serve
de punto de encontro e canle de difusión da galeguidade na capital
británica; son os recoñecidos este ano nos premios 'Boina de Ouro'. Estre galardón é unha actividade creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. O lema, "Modernízate, pon boina",
quere mostrar a intención de renovar a imaxe tradicional da boina e
promovela como accesorio de vangarda estética e última tendencia.
Ademais, o obxectivo é impulsar a lingua galega no mundo da moda.
A actividade que iniciou este proxecto foi un Concurso de Fotografia con dúas categorias: "Boina de Ouro" e "Boina da Simpatía". O xurado estaba formado por Elena Ferro, a zoqueira de Merza, Celso, de Fotografia Bernabé, Olaia Vázquez, alumna da Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo, Vicente Amosa, María Seijo, e Séchu Sende, do Clube da Língua do IES Marco do Camballón.
José Goris resultou Premio Boina de Ouro 2016, na categoria do concurso onde se valoraba a calidade, orixinalidade, creatividade e o valor sociocultural da fotografía. O premio Boino da Simpatía foi para colectivo Galego en Londres, que participou no concurso con dezaseis fotos entre as que a imaxe dunha rapaza a brincar, Sara Mota, foi a que suscitou mais simpatia entre os membros do xurado. Nesta categoría o obxectivo era impulsar a imaxe da boina con humor e simpatía, de maneira informal, através das redes sociais.
O premio nas dúas categorias é unha boina elaborada por Sandra Vilas, a artesá que comezou a manufacturar a súa "Boina Galega" a raíz desta iniciativa e que está a mostrarse como un dos accesorios mais valorados e sorprendentes da moda galega desta temporada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario