Un total de 14
centros educativos públicos de 10 concellos das comarcas de Chantada, Lemos e
Quiroga beneficiáronse da dixitalización de aulas que vén de completar a
Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, para o que contouse cun investimento nestas
comarcas de máis de 116.000 euros para o equipamento de kits de aulas dixitais,
compostos por encerado dixital interactivo, vídeo proxector, ordenador portátil
para o posto de profesor, ademais da conectividade da aula.
Nos últimos meses a Xunta completou a instalación dun total de 4.000 kits
destas características en 700 centros públicos, beneficiando a 70.000
estudantes, unha actuación na que se investiron preto de 11 millóns de euros.
Con esta actuación a Xunta completou a todas as aulas públicas dos cursos 5º e
6º de Primaria, 1º,2º,3º e 4º da ESO e Bacharelato. Deste xeito, 120.000
alumnos e 6.000 aulas de preto de 900 centros públicos estudan en aulas
dixitais.
Esta segunda fase da dixitalización, enmárcase no Proxecto
Abalar, que se vén desenvolvendo desde 2010 con actuacións en 4 eixos: a
mellora da conectividade nos centro públicos de Galicia; a dixitalización das
aulas coa dotación de kits de aula dixital; a transformación do libro en papel
aos contidos dixitais con e-Dixgal e o desenvolvemento de ferramentas de
comunicación entre os membros da comunidade educativa (espazoAbalar e
abalarMobil).
Ningún comentario:
Publicar un comentario