xoves, 7 de abril de 2016

A Aula de Formación Informática da UDC afronta a primavera cunha chea de cursos open source

A Aula de Formación Informática (AFI) da Universidade de Coruña (UDC) ten entre mans unha interesante serie de actividades formativas para os días vindeiros, boa parte todas elas co nexo común de versaren sobre tecnoloxías libres e sen cancelas. Os cursos de abril e maio teñen ademais un nivel de iniciación ou mesmo perfeccionamento nas tecnoloxías que lles serven de fío temático e alicerce. Inclúense actividades sobre Python, sobre prácticas na elaboración de documentos con exemplos prácticos en LibreOffice ou sobre edición de vídeo con ferramentas libres como Shotcut.
Estas achegas formativas, a maiores de presentar un uso práctico das ferramentas, axudan a introducir aos participantes nos modelos e prácticas de traballo colaborativo moi vinculados á programación aberta. Ademais, sinala a AFI, contribúen a mellorar a compresión e uso de correcto dos distintos tipos de licenzas existentes “e amplían a visión de mercado dos alumnos amosando un maior abano de solucións para o desenvolvemento de traballos técnicos”.
O programa está constituído polas seguintes actividades, todas elas achegadas en documento PDF:
Introdución á edición de vídeo con Final Cut Pro X
Data: do 3 ao 12 de maio. Horario: de 9:00 a 11:30
Edición de documentos profesional e colaborativa na nube con LaTeX
Data: do 3 ao 12 de maio. Horario: de 16:00 a 18:30
Programación orientada a obxectos, ORM e interfaces gráficas con Python
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 09:00 a 11:30
Escultura dixital con Mudbox
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 11:40 a 14:10
Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos e follas de cálculo (MS Office, LibreOffice...)
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 16:00 a 18:30
Edición de vídeo con ferramentas de software libre: Shotcut
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 18:40 a 21:10
Introdución ao desenvolvemento de aplicacións móbiles con Android
Data: do 19 ao 28 de abril. Horario: de 11:40 a 14:10
Bases de Datos. Microsoft Access
Data: do 19 ao 28 de abril. Horario: de 16:00 a 18:30

Ningún comentario:

Publicar un comentario