Rexistrou unha petición na que explican as razóns da súa demanda após o Congreso instar o goberno español da súa suspensión.
Esta quinta feira (7 de abril) representantes
da Plataforma galega en defensa do ensino público --integrada por 12
organizacións sociais, políticas, estudantís e sindicais-- presentaron
unha petición formal perante a Valedora do Pobo na que
solicitan o seu amparo para que a Consellaría de Educación paralice
"inmediatamente a aplicación da LOMCE" con visos a "posteriormente
derrogala".
Así o explicou o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, quen lembrou as "numerosas mobilizacións e accións" decorridas nos últimos anos contra unha lei que definen como "un produto tóxico" para o ensino galego".
Após o Congreso español aprobar unha proposción na que instan o Goberno español a suspender a súa aplicación, Louzao asegurou que a norma "ten os días contados". Neste senso, reclaman que a Valedora "estexa ao servizo do pobo e non dunha ideoloxía".
Neste senso, lembrou o acordo alcanzado polo goberno vasco e o de Madrid para que Euskadi ficase exenta de aplicar algunhas das partes que compoñen a LOMCE. En troca, dixo, a aplicación na Galiza foi "unha auténtica chambonada" por parte dun executivo, o de Alberto Núñez Feijóo, que actúa "como alumno privilexiado" na súa execución mantendo un comportamento, acrecentou, de "vasalaxe e submisión".
Concentración
Así pois, a Plataforma galega en defensa do ensino público convoca unha concentración o 20 de abril perante a Consellaría de Educación para amosar o rexeitamento á reválida que este ano se levará a cabo en sexto de Primaria. Destarte, instan as familias a non enviar as crianzas o día da proba á escola.
Esta "é a mostra máis palpábel, máis evidente de que o mellor que se pode facer é paralizala, non hai nada que o impida neste momento", sentenciou.

A LOMCE é un produto tóxico para o ensino galego e ten os días contadosPreguntado polos medios de comunicación sobre as competencias coas que contaría Galiza para non dar cumprimento á LOMCE, o portavoz da Plataforma galega en defensa do ensino público sinalou que a Consellaría podería "ter unha actitude totalmente contraria" mais que "son máis papistas que o papa".
Neste senso, lembrou o acordo alcanzado polo goberno vasco e o de Madrid para que Euskadi ficase exenta de aplicar algunhas das partes que compoñen a LOMCE. En troca, dixo, a aplicación na Galiza foi "unha auténtica chambonada" por parte dun executivo, o de Alberto Núñez Feijóo, que actúa "como alumno privilexiado" na súa execución mantendo un comportamento, acrecentou, de "vasalaxe e submisión".
Concentración
Así pois, a Plataforma galega en defensa do ensino público convoca unha concentración o 20 de abril perante a Consellaría de Educación para amosar o rexeitamento á reválida que este ano se levará a cabo en sexto de Primaria. Destarte, instan as familias a non enviar as crianzas o día da proba á escola.
Denuncian que neste momento non se sabe en que vai consistir a proba que se levará a acabo en 6º de Primaria"Exemplo" da "improvisación absoluta", dixo, coa que se está a aplicar a LOMCE é que "neste momento non se sabe en que vai consistir a proba, non está regulada na Galiza", dixo Anxo Louzao. Segundo relatou, Educación "di que quere aplicar a proba xeral de etapa a todo o alumnado galego", porén, "non está regulado" para alén "do disposto na LOMCE". "A Consellaría non ten ningúnha resolución, normativa ou orde". Neste senso exíxenlle que "diga realmente en que vai consistir esa proba alén do estabelecido na norma marco", isto é, "materias do ámbito lingüístico, científico-tecnolóxico e matemático".
Esta "é a mostra máis palpábel, máis evidente de que o mellor que se pode facer é paralizala, non hai nada que o impida neste momento", sentenciou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario