Os seus deseños serán gravados nunha placa metálica no novo telescopio orbital da ESA, o CHEOPS.
Tres debuxos de escolares galegos viaxarán ao espazo coa misión CHEOPS. A Axencia Espacial Europea anunciou os deseños escolares que viaxarán ao espazo a bordo do seu telescopio, que está previsto que se lance ao espazo a principios de 2018 e que ten por obxectivo identificar novos planetas fóra do Sistema Solar.O éxito da iniciativa en toda Europa foi absoluto, recibíndose milleiros de debuxos. Dende España chegaron á ESA 4.500 debuxos dos que se seleccionaron por sorteo 297, tres deles galegos. Dous deles son de escolares de Celanova (Ourense) e un de Poio (Pontevedra).
En total, uns 3.000 debuxos de nenos europeos de entre 8 e 14 anos serán miniaturizados e gravados nunha placa que irá montada no telescopio espacial CHEOPS. “razas a este concurso e ao proxecto CHEOPS miles de nenos poderán cumprir o seu soño de, en certo xeito, viaxar ao espazo e percorrelo en busca doutros mundos”, sinala Ignasi Ribas, investigador do CSIC e do Institut dEstudis Espacials de Catalunya.
O nome de CHEOPS é unha homenaxe ao Antigo Exipto e unha referencia á pirámide Keops. Ata o momento descubríronse uns 2.000 exoplanetas e con esta misión espacial, pertencente ao programa Cosmic Vision da Axencia Espacial Europea, preténdese aumentar este número e obter medidas moito máis precisas daqueles que xa se coñecen. O novo telescopio orbital europeo ten un orzamento de 50 millóns de euros.
Aquí poden consultarse os debuxos premiados que viaxarán ó espazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario