As ANPAS galegas aseguran que se está a recuperar "a boa dirección" mentres que Educación fala de "caos" de se suspender".
Esta terza feira (5 de abril) o pleno do
Congreso español acordou cos votos a favor de PSOE, Podemos, ERC, PNV,
DiLL e Grupo Mixto, iniciar os trámites para a paralización da LOMCE,
unha demanda da comunidade educativa após os resultados electorais do 20
de decembro que foi requerida, de novo, aos grupos parlamentares pola Plataforma galega en defensa do ensino público recentemente.
Anpas Galegas
Porén, desde a Confederación de Anpas Galegas aseguran que após o acordo adoptado na Cámara baixa “semella que o sentir de todos e todas está a se facer un oco na normalidade e é pode ser que sexa posíbel albiscar un futuro onde o ensino público camiñe de novo cara á dirección correcta, na equidade, na inclusión, nas portas abertas, na participación e na democracia” mais tamén, din, “no respecto ao noso, na consideración da nosa lingua, da nosa cultura”.
Así pois, perante as declaracións de Román Rodríguez pregúntanse, “no caos non nos meterían as políticas educativas que impulsaron vostedes desde os gobernos español e galego, señor conselleiro?”.
Perante o apoio maioritario do Congreso a iniciar os trámites de paralización as Anpas Galegas amosan a súa “ledicia”.
Ciudadanos abstívose en contra do criterio asumido no pacto de investidura que asinou co PSOECon 186 votos a favor, 112 (PP e UPN) en contra e 41 abstencións (Ciudadanos e dúas persoas do Mixto) a aplicación efectiva da decisión depende dunha hipotética mudanza no executivo. Neste senso, o goberno de Mariano Rajoy avanzou que continuará adiante coa aplicación da norma e que “no mes de maio haberá reválidas” en sexto de Primaria, apuntou o ministro de Educación. Neste senso, a Plataforma galega en defensa do ensino público instou as familias a non levar as crianzas nesa xornada á escola. Aliás, tamén reclamarán perante a Valedora do Pobo que inste a Xunta a paralizar a LOMCE.
A Plataforma pedirá á Valedora do pobo que inste a Xunta a paralizar a LOMCEO mantemento en funcións do goberno imposibilitaría que se fixese efectivo a suspensión da LOMCE. Un escenario que para o conselleiro, Román Rodríguez, suporía un “caos”.
Anpas Galegas
Porén, desde a Confederación de Anpas Galegas aseguran que após o acordo adoptado na Cámara baixa “semella que o sentir de todos e todas está a se facer un oco na normalidade e é pode ser que sexa posíbel albiscar un futuro onde o ensino público camiñe de novo cara á dirección correcta, na equidade, na inclusión, nas portas abertas, na participación e na democracia” mais tamén, din, “no respecto ao noso, na consideración da nosa lingua, da nosa cultura”.
Unha lei que non era querida pola cidadanía” supuña “un exercicio de soberbia política que non tiña precedentesAo contrario do que afirmou o conselleiro, as Anpas Galegas lembran que “desde o primeiro día e con contundencia” a súa posición a respeito da implantación da LOMCE, “unha lei que non era querida pola cidadanía” supuña “un exercicio de soberbia política que non tiña precedentes”. “Repetimos até a saciedade que un cambio lexislativo coma este, contra o que houbo desde o primeiro momento un acordo de derrogación maioritario, debería estar validado por un resultado eleitoral que o asegurase para o futuro”.
Así pois, perante as declaracións de Román Rodríguez pregúntanse, “no caos non nos meterían as políticas educativas que impulsaron vostedes desde os gobernos español e galego, señor conselleiro?”.
Perante o apoio maioritario do Congreso a iniciar os trámites de paralización as Anpas Galegas amosan a súa “ledicia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario