Os deputados do BNG, Carme Adán e Cosme Pombo piden, a través dunha iniciativa parlamentaria que, o Goberno galego acate de inmediato a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anula os concertos cos centros que segregan ao alumnado. | |
Para os deputados do BNG a igualdade é un principio básico que debe
rexer toda a acción educativa e así está recollido no artigo 84.3 da
LOE no capítulo que regula a escolarización en centros públicos e
privados concertados cando afirma: En ningún caso haberá discriminación
por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra
condición ou circunstancia persoal ou social. Os deputados do BNG lembran que, o PP en Galiza na pasada lexislatura desoíu a LOE e mantivo os concertos educativos que vulneraban a igualdade entre nenos e nenas. Apoio económico público do PP á segregación no ensino. O PP a través do anteproxecto da LOMCE pretende levar adiante unha contrarreforma educativa que aspira a normalizar o desvío de fondos públicos a centros privados que segregan e discriminan ao alumnado en función do sexo, manifestan. Os parlamentarios nacionalistas afirman que a igualdade é un dereito fundamental que permite a realización dos ideais de liberdade e vida democrática e instaurar, a través da educación a segregación en función do xénero é regresar ao pasado e rachar cos principios educativos básicos construídos nos últimos trinta anos como garantía dunha maior xustiza social e igualdade de oportunidades. Os centros deben devolver os cartos públicos recibidos durante catro anos. O BNG congratulase da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola que son anulados os concertos que a consellaría de Educación mantiña con cinco colexios relixiosos que segregan o alumnado por razóns de sexo: Colexios -Monte Castelao, Las Acacias e Aloia en Vigo; e Montespiño e Peñarronda na Coruña- aos que destina até tres millóns de euros ao ano en virtude dos concertos co ensino privado. Adán e Pombo preguntan ao Goberno galego polas actuacións previstas para acatar de inmediato a sentenza do TSXG e que os centros devolvan os cartos públicos que recibiron mentres practicaban unha educación sexista cos orzamentos de todos os galegos e galegas. |
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
luns, 18 de marzo de 2013
Os deputados, Cosme Pombo e Carme Adán reclaman a devolución dos cartos dos concertos durante catro anos »
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario