Chamamento polo galego” aplaude a decisión da Xunta de non recorrer
diante do Tribunal Supremo as sentenzas do máximo tribunal galego que
invalidan o Decreto do Plurilingüísmo. Reclaman tamén do goberno galego
pasos para “lograr o consenso” arredor da lingua. A decisión da Xunta
deixa soa á Academia Galega co recurso no Supremo.
“Chamamento polo galego”
vén de valorar positivamente a decisión da Xunta de non interpoñer
diante do Tribunal Supremo o recurso de casación das sentenzas do
Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que invalidan o decreto do
plurilingüísmo. A iniciativa xuntou máis de mil cen sinaturas
individuais e colectivas que manifestaron a súa oposición a que a Xunta
recorrese ao tribunal con sede en Madrid as sentenzas que se
pronunciaran na Galiza á respeito da presenza do galego no ensino
público non universitario. Entenden ademais que esta pode ser unha
oportunidade para “promover a volta ao consenso representado polo Plan
Xeral de Normalización da Lingua Galega” para o que demandan pasos da
Xunta neste camiño.“Non
se entendería que un goberno recorrese aos tribunais en contra da
lingua propia do país” din agora no comunicado no que, alén disto,
reclaman á Xunta que, as sentenzas emitidas terían que permitir
“avanzarmos na procura dos imprescindibles elementos de protección e
desenvolvemento da lingua propia e minorizada”.Tras
a decisión da Xunta, “Chamamento polo galego” afonda na súa filosofía
de reclamar un “consenso inclusivo no que participen o conxunto das
forzas políticas, das institucións e dos movementos sociais, para o que
será necesario un decidido impulso político, institucional e cidadán a
prol do idioma”.
“Chamamento polo galego” naceu dun
grupo de persoas que botaron a andar a iniciativa precisamente coa
vontade de que a Xunta non levase ao tribunal de Madrid o recurso para
defender o decreto do Plurilingüísmo. Entre o grupo promotor atopábanse
Henrique Monteagudo, Valentina Formoso, Alba Nogueira, Nel Vidal, Mariló
Candedo, Xaquín Leiceaga ou Antón Baamonde, entre outras. Cando se
presentara publicamente comprometéranse a que, se a Xunta non recorría,
se comprometerían a promover o diálogo para chegar a un consenso arredor
da normalización lingüística.Alén
de máis de 1.100 sinaturas individuais, “Chamamento” recadou apoios dos
grupos parlamentares do BNG -tamén da súa executiva-, AGE e PSdeG-PSOE,
da dirección de Compromiso por Galiza ademais de diversos colectivos e
asociacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario