Segundo o comunicado de A Mesa, o paciente foi derivado desde o Sergas ao
Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, onde tiña que facer unhas probas
médicas para un preoperatorio. No hospital solicitáronlle que asinase unha serie
de documentos, mais cando o paciente os pediu en galego, dereito que lle
recoñece a lexislación vixente, desde o hospital dixéronlle que non tiñan
documentación nesta lingua.
Tal e como indica A Mesa, o propio paciente informounos de que a Secretaría
Xeral de Política Lingüística (SXPL) tiña un servizo de asesoramento lingüístico
e un acordo co Sergas polo que se comprometía a traducir este tipo de
documentación nun máximo de 30 minutos. Porén, tras realizaren unhas consultas,
desde o Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra indicáronlle que, se non asinaba
os documentos en español, tería que marchar e agardar na súa casa ata que
chegase a documentación traducida, co conseguinte atraso nas súas probas e
operacións.
O paciente non aceptou renunciar aos seus dereitos lingüísticos e presentou
unha reclamación no hospital.
Máis información no web de A Mesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario