A consellaría explica que canto máis teñan aforrado maior será o
recorte. CIG-Ensino alerta de que a medida "impedirá o funcionamento
normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar".
A consellería de Educación vén practicar un recorte na partida
destinada a gastos de funcionamento dos centros de ensino de Secundaria.
Após realizar un estudo dos institutos, centros de FP e centros
públicos integrados, CIG-Ensino constatou que en 123 dos 334 a redución
de fondos supera o 9%. Con todo, en 21 centros superou o 20% e en
Carballeda de Valdeorras chegou até o 73%. Por que? Porque son os que
máis diñeiro tiñan aforrado, segundo a explicación facilitada polo
departamento que dirixe Jesús Vázquez.
Cando as direccións dos centros comezaron a contactar coa consellaría
recibiron por resposta que aqueles que teñen un remantente superior ao
33% sufrirán un recorte maior, que será meirande a maior aforro.
Desde a central nacionalista valoran a medida como máis un paso na
"cruzada" da Xunta contra o ensino público "que impedirá o funcionamento
normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar" e
recorda que o "estrangulamento" será "aínda máis grave" este ano
académico, após a tesourada de máis de 20.000 euros practicada pola
Xunta o ano anterior, tamén en gastos de funcionamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario