CIG-Ensino exixe ao PP que remate canto antes "con esta política de
exterminio" e modifique outra vez o aplicativo para que o idioma por
defecto sexa o galego.
A consellaría de Educación mudou a configuración da aplicación web de
correo electrónico para que a lingua por defecto sexa o castelán. Vén
de denuncialo CIG-Ensino, quen considera a mudanza "máis un ataque ao
uso e normalización do noso idioma, unha política á que nos ten afeitos o
PP".
O proceder do departamento que dirixe Jesús Vázquez vulnera a Lei de
normalización lingüística, que estabelece que a lingua a empregar nas
comunicacións da administración debe ser o galego. A central
nacionalista exíxelle á consellaría que remate canto antes "con esta
política de exterminio" e modifique outra vez o aplicativo para que o
idioma por defecto sexa o galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario