Ata agora, un 91,82% das familias podían valerse sen custo algún dos comedores xestionados directamente por Educación; agora só será o 56,74% o que poda dispor deste servizo de balde. Unha de cada catro familias terá que pagar o custo máximo das comidas.A Educación segue sendo unha das maiores vítimas das políticas de recortes.
Os comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación deixarán de ser gratuítos para o 34,25% dos usuarios en centros públicos galegos. Ademais, o prezo máximo do menú por día sube un 40%, pasando de 3,21 a 4,5 euros. Unha de cada catro familias terá que pagar o custo máximo.
Ata agora, un 91,82% das familias podían valerse deste servizo sen custo algún nos comedores xestionados directamente por Educación; agora só será o 56,74% o que poda dispor deste servizo de balde. Ademais, a Xunta dedcidiu que se desvincule a condición de beneficiario de transporte escolar coa gratuidade total nestes espazos para as comidas de nenos e nenas. A Consellería aclarou que o copago non se estenderá ao transporte escolar.
A excusa da Xunta para seguir afogando ao sistema educativo público é tentar garantir a "sustentabilidade" dunha "ampla" rede de comedores escolares, para poder así incrementar os usuarios ata os 66.805 no horizonte do curso 2016-2017, segundo explicou hoxe o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Jesús Oitavén. Con estas medidas, Educación prevé asumir o 60% daqueles que están xestionados polas ANPA (unhas 6.800 prazas), e crear 2.385 prazas de xestión directa ou indirecta.
Novo sistema de prezos
O novo sistema de prezos públicos que impón a Xunta calcula o custo a pagar en base a tres grupos diferenciados de familia e intervalos de renda neta. Segundo o cálculo realizado en base aos datos de renda das familias de 2011, Educación estima que un 10,87% das familias pagará un euro por menú, un 8,41% abonará 2,5 euros, e un 23,99% terá que asumir o custo máximo de 4,5 euros.
Os tramos son os seguintes:
- As familias cun único fillo que sexan monoparentais terán comedor gratis se perciben uns ingresos mensuais netos iguais ou inferiores a 1.000 euros ao mes; pagarán un euro ao día se perciben entre 1.001 e 1.142 euros; 2,5 euros entre 1.143 e 1.285; e 4,5 se superan os 1.286.
- As familias con dous proxenitores gozarán de gratuidade total se perciben uns ngresos de 1.500 euros ou menos mensuais; pagarán un euro aquelas con ingresos de entre 1.501 e 1.715 euros ao mes; 2,5 euros entre 1.715 e 1.928; e 4,5 euros aquelas con renda superior a 1.929 euros mensuales.
-As familias con dous fillos que sexan monoparentais gozarán de gratuidade total se ingresan 1.500 euros ou menos ao mes; pagarán un euro ao día as que ingresen entre 1.501 e 1.714 euros; 2,5 entre 1.715 e 1.928 euros; e 4,5 aquelas rendas superiores a 1.929 euros.
- As familias con dous proxenitores e dous fillos terán comedor gratis para rendas de 2.000 euros ou menos; pagarán un euro ao día as que se sitúen entre 2.001 e 2.285 euros; 2,5 euros entre ingresos de 2.286 e 2.571 euros ao mes; e 4,5 euros aquelas con ingresos superiores a 2.572 euros.
-As familias numerosas monoparentais terán comedor gratis se perciben 2.000 euros ou menos ao mes, e pagarán un euro se superan os 2.000 euros.
-As familias numerosas con dous proxenitores gozarán de comedor gratis se os seus ingresos mensuais netos son de 2.500 euros ou menos e pagarán un euro se superan esta cantidade.
A Xunta estima que un 77,5% das familias numerosas terán comedor gratis, ademais dun 67,59 por cento das que hai dous fillos e un 50.81% cun só fillo.
Ademais, os traballadores que colaboran co comedor continuarán sendo usuarios gratuitos do mesmo, mentres que o persoal non colaborador terá que pagar o custo do servizo, uns 4,5 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario