A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria paralizará a nova orde de concertos educativos
ata que a asesoría xurídica conclúa a súa análise sobre a sentenza do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que afecta ás partidas
concedidas a cinco centros que separan o alumnado polo seu sexo.
Así o avanzou en declaracións aos medios o titular do departamento
autonómico, Jesús Vázquez, quen reiterou que a asesoría xurídica está a
"analizar en detalle" o fallo xudicial e que tomarán unha decisión
cando dispoñan dun estudio "serio".
Mentres tanto, Educación decidiu paralizar a nova orde que estaba
prevista para "estes días" ata que os servizos xurídicos conclúan o seu
estudio da sentenza, para despois tomar unha decisión no prazo "máis
breve posible". "O que non pode ser son meses", engadiu posteriormente.
Así mesmo, aclarou que o fallo non suporá "ningún inconvinte" para
"ningún centro concertado", e reiterou que "o único" que poden facer
"neste momento" é paralizar a nova orde "á vista da sentenza".
Ningún comentario:
Publicar un comentario