En xaneiro de 2001 botaba a andar a Wikipedia –tamén coñecida como
enciclopedia libre–, un proxecto que pretendía pór o coñecemento humano ao
alcance de todos os seres humanos, e, indo un paso alén, facéndoo no seu propio
idioma. Así, fóronse creando versións da Wikipedia en varias linguas (máis de
280 na actualidade), entre elas a nosa: o galego. Deste xeito, no ano 2003
abríase a primeira páxina da Galipedia, a enciclopedia libre en galego, e facíao
coa entrada "ou", o primeiro artigo da Galipedia (creado o 12 de marzo de
2003).
A Galipedia non é unha enciclopedia ao uso: está feita por moitas persoas e calquera pode mellorar ou corrixir aquilo que estea errado ou introducir un tema que aínda non figure nas súas páxinas. E para quen non o saiba aínda, cómpre salientar que os contidos desta obra colectiva son publicados baixo unha licenza libre, a esencia desta Galipedia: a Creative Commons (Recoñecemento-Compartir Igual), que permite o seu libre uso conservando esa licenza.
Logo de máis de 98.000 artigos creados na Galipedia, o 8 de marzo de 2013 a nosa enciclopedia en galego cumprirá 10 anos de vida. E Wikimedia España (a vertente española dese movemento) organiza, xunto á comunidade de editores da Galipedia, un encontro o 9 de marzo en Santiago de Compostela co obxectivo de celebrar o dito aniversario e de reforzar estes proxectos. Esta cita servirá de punto de reunión de galipedistas, persoas implicadas no coñecemento e na cultura libre, así como na promoción da lingua e a cultura galegas. Detrás desta actividade está a Universidade de Santiago de Compostela e mais o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); a entrada ao acto será de balde, até completar a cabida. As presentacións serán realizadas a partir das 10 da mañá no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca, no Campus da Universidade compostelá.
Máis información en Código Cero.

Ningún comentario:
Publicar un comentario