A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou,
mediante a publicación no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(SXPL), unha nova edición dos cursos en liña preparatorios para as probas de
certificación de lingua galega no nivel Celga 1.
Trátase dunha acción formativa dirixida, nomeadamente, a persoas estranxeiras, non galegofalantes ou que non conten con formación en lingua galega e que estean interesadas en achegarse ao idioma para mellorar a súa competencia lingüística básica en galego, de cara a obter a acreditación de coñecemento do Celga 1 nas probas oficiais organizadas pola Xunta de Galicia.
A convocatoria dos cursos en liña preparatorios do Celga 1 abrangue un total de tres cursos gratuítos que se desenvolverán do 1 de abril ao 7 de xuño e nos que se admitirán, por rigorosa orde de chegada, ata 50 solicitudes en cada un (150 en total). Desenvolveranse durante 10 semanas durante as que o alumnado se deberá preparar para os exames de acreditación do Celga 1 mediante o traballo das 10 unidades didácticas que conforman o curso exercitando as catro competencias lingüísticas en galego (expresión e comprensión oral, e expresión e comprensión escrita).
Máis información no web da SXPL.

Ningún comentario:
Publicar un comentario