A oficina de información do Parlamento Europeo en España organiza un concurso para escolares, Euroscola,
que chega xa á súa décimo novena edición e que ten como obxectivo
"fomentar a aprendizaxe de linguas europeas, fundamental para conseguir
unha Europa unida", segundo se explica nas bases, nas que se engade que "o
xogo desenvolverase en tres versións lingüísticas: castelán, catalán e
inglés. Os participantes poden optar por concursar en cualquera dos tres
idiomas".
Tamén se engade que é "importante e necesario" o feito de "dominar
outras linguas europeas por parte dos alumnos participantes, dado que os
equipos gañadores que asistan ao Programa Euroscola en Estrasburgo
deberán comunicarse cos participantes doutras nacionalidades europeas en
inglés ou francés". O xogo está centrado nos "dereitos e
beneficios que temos os cidadáns europeos e o que significa a cidadanía
activa como posibilidade real de participación na construción europea,
na que os mozos teñen un papel fundamental".
A exclusión do galego -xunto co vasco- provocou xa protestas e a creación dun grupo de Facebook no que se convida a enviar unha protesta aos organizadores do concurso a través do enderezo electrónico comunicacion@euro-scola.com. A eurodeputada Ana Miranda xa anunciou que vai enviar unha protesta oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario