O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín
García, confirmou que a Xunta traballa nunha "posible" presentación dun recurso
de casación ante o Tribunal Supremo (TS) polas sentenzas contrarias ao coñecido
como decreto do plurilingüismo, pero advertiu de que isto "non" significa que
teñan decidido presentalo por agora.
En resposta ao deputado socialista Francisco Caamaño, que ve o anuncio da
Xunta unha acción para "premer" aos grupos da oposición, o alto cargo do Goberno
galego manifestou que o que fai a Administración autonómica é "tomar as medidas
previas" e "esgotar os prazos" que ten tras a comunicación do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia (TSXG) para poder tramitar o recurso de casación.Así mesmo, na súa comparecencia, o secretario xeral de Política Lingüística reiterou a oferta de "diálogo" que fixo o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aos grupos da oposición para apear dos tribunais a cuestión lingüística e negou as palabras do deputado do PSdeG nas que aseguraba que as diferentes sentenzas do alto tribunal galego "tocaron o corazón do decreto".
Ningún comentario:
Publicar un comentario