A Plataforma das Artes Escénicas regresou este martes ao Parlamento
para seguir a comparecencia de Jesús Vázquez. Un mes despois de que
representantes deste colectivo fosen expulsados da tribuna de convidados
do Pazo do Hórreo por apupar o conselleiro, desta volta o episodio
repetiuse parcialmente. Nun primeiro momento varios dos asistentes
apuparon a Vázquez e reclamaron a súa dimisión, o que deu lugar a que
fosen expulsados. Minutos despois os que quedaran na tribuna puxéronse
en pé e foron instados a sentaren, ao que os grupos de AGE e BNG
responderon poñéndose en pé. Expulsións á marxe, a plataforma deixou no Hórreo unha retranqueira carta dedicada ao presidente da Xunta.
"Caro Feijóo, definitivamente, xa non es aquel tipo dos Peares do que algún día namorei", comeza a misiva, asinada pola "cultura galega". Nun ton irónico, a plataforma explica que "nunca pensara que en canto virara as costas ía verte na nova terminal de Lavacolla, collendo un avión a Madrid para verte ás agachadas" cunha "cultura pelandrusca, tan xenial como foránea". "Tentas encher o meu corazón con milleiros de palabras ocas que a base de repetilas soan tan estúpidas como falsas", censuran ."Simplemente, todo rematou e xa non te quero, culminan.
Pola outra cara da carta a plataforma explícalle a Feijóo os motivos da súa protesta. "Non queremos Cidade da Cultura, queremos cultura nas cidades, nas vilas, nos pobos e nas aldeas", din. O colectivo sinala que "a cultura é un investimento e non un gasto", que "cultura é o contido, non os contedores" e que as artes escénicas e musicias "son un sector produtivo de crecente importancia", ademais "dun dos redutos onde a cultura propia é conservada e protexida. "Os profesionais queremos que a planificación cultural deixe de estar en mans de neófitos e paracaidistas, subliñan".

Ningún comentario:
Publicar un comentario