A locución e a sinaléctica respeitan xa a forma oficial.
A Mesa pola Normalización Lingüística
parabenizou o Concello da Coruña após galeguizar a locución dos
autobuses urbanos e respeitar a toponimia oficial na sinaléctica, algo
que non acontecía até o de agora e que foi unha histórica demanda da
asociación.
Neste senso, através dun comunicado, sinalan que "con esta iniciativa, o Concello da Coruña dá cumprimento a un dos compromisos que adoptara coa Mesa cando, no mes de xullo do pasado ano, lle trasladamos as principais demandas que viamos eran perentorias de cara á presenza normalizada da nosa lingua en todos os ámbitos da cidade da Coruña".
Así pois, animan o goberno local a pemanecer "na liña de visibilizar o galego e continúe dando resposta ás actuacións connosco tratadas".

Ningún comentario:
Publicar un comentario