No BOE do 6 de decembro
fica recollido que só serán beneficiari@s da bolsa Erasmus (233€/mes) o
estudantado que contara cunha bolsa das denomidas de carácter xeral
concedida polo Ministerio de Educación durante o curso 2012/13.
As mobilizacións levadas a cabo polo estudantado que está
no presente curso de Erasmus e as chamadas de atención desde a Unión
Europea parecían indicar que Wert ía rectificar, mais o BOE amósanos que
non foi así e que só se trataba dunha estratexia para calar as
protestas. O venres, aproveitando a ponte festiva, voltaron a rescatar a
idea de deixar gran parte d@s estudantes de Erasmus sen a axuda, cos
prexuízos que iso conleva para @s mesm@s.
Atopámonos ante unha medida do Ministerio de Educación que
exlcúe ás/aos fill@s da clase traballadora do ensino público
universitario. Eliminar do programa de bolsas Erasmus a tod@s aquel@s
alumn@s que non sexan capaces de cumprir cos novos requisitos do decreto
de bolsas e, manter unha contía irrisoria para o estudantado que si as
manteña, deixará as prazas da Erasmus unicamente para aquelas persoas de
rendas máis altas que poidan pagar a súa estadía nun país do
estranxeiro.
Desde os Comités amosamos o noso rexeitamento a esta
disposición para acceder ás bolsas erasmus e esiximos que ser bolseiro
do MEC o curso anterior non sexa requisito para poder optar á axuda
erasmus no curso no que se solicita e a contía se axuste segundo as
necesidades económicas d@s solicitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario