Hai uns días vin como un home agarraba do brazo ao seu fillo duns
sete anos mentres lle berraba advertíndolle que estaba a punto de gañar
unha malleira. Sen dúbida algo aterrador. Seguro que o rapaz fixera
algunha trastada. Seguro que o pai só se deixaba levar pola ira do
momento e -quizais- non pensaba poñerlle a man enriba. Pero aquela
situación foi real.
O problema é que non se trata dun caso illado, senón que en moitas familias se repite un modelo no que os pais ladran pero non educan. Logo estráñanse de que non se comporten na cea, de que peguen outro neno ou de que choren ata conseguir ese xoguete. Espérase que as escolas ensinen aos nenos como ser aquilo que chamamos "boas persoas", cando realmente o modelo de referencia que primeiro terán é o da súa nai ou pai. Non nos enganemos, os profesores están limitados diante dunha clase de máis de 20 alumnos por moito que traten de educalos máis alá dos coñecementos de matemáticas. Existen demasiados pais despreocupados que parecen esquecer que os seus fillos son tamén o seu futuro. A educación en valores tería que ser a "materia obrigatoria" para todos, aínda que quizais os alumnos, neste caso, deberían ser os pais. - Julen Gerrikabeitia Segura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario