Simancas referiuse á resolución que o Ministerio de Educación publicou onte no Boletín Oficial do Estado (BOE), que fixa en 233 euros ao mes a axuda que recibirán este curso os estudantes Erasmus que tivesen no 2012-2013 unha bolsa das denominadas de carácter xeral. Esta resolución, segundo Simancas, non cita aos alumnos que non gozaron o pasado curso dunha bolsa xeneralista.
Para Moneo, estas consideracións teñen como único obxectivo crear "alarma social" xa que o Goberno "non vai faltar á verdade". Por iso, segundo anunciou, o PP proporá a semana que vén aos grupos no Senado unha emenda transaccional, que se engadirá aos orzamentos xerais do Estado, e posteriormente publicarase a convocatoria complementaria que "incluirá a todos os actuais Erasmus".
A dirixente popular cualificou de impresentable "querer reabrir un debate baseado en mentiras, nunha absoluta falta de rigor e nun descoñecemento total do tema". E incidiu en que Simancas, coas súas declaracións, "demostra unha mestura de ignorancia e mala fe sen importarlle a incerteza que as súas palabras poden xerar nos centos de estudantes Erasmus que nestes momentos están a esperar a resolución definitiva do Ministerio".
Ningún comentario:
Publicar un comentario