luns, 9 de decembro de 2013

O recorte educativo alcanzará en 2014 os 7.300 millóns de euros

Todas as Administracións sen excepción meteron a tesoira no gasto en escolas e universidades. E, a pesar de que o ritmo de descenso se retardou, o recorte dende 2010 alcanzará os 7.298 millóns de euros en 2014; o que supón unha caída do 16,7% no gasto educativo durante a crise. A tesoirada equivalería a ter eliminado dun plumazo todo o sistema educativo andaluz, onde estudan arredor do 20% dos alumnos de todo o país, segundo os datos dos proxectos de presuposto das autonomías para 2014 (pendentes aínda de aprobación) solicitados polo gabinete de estudos da Federación de Ensino de CC OO. Segundo estes, Castela-A Mancha (cun 31,1% de redución dende 2010), o Ministerio de Educación (-30,4%) e Cataluña (-24%) encabezan o ranking dos recortes.
Para o próximo ano espéranse 536,6 millóns de recorte adicional, un axuste menor que o de anos anteriores: en 2011 foi de 2.395 millóns; en 2012, 1.615, e en 2013, outros 2.750. A primeira gran dentada á educación deullo o anterior Executivo do PSOE en maio de 2010, coa baixada de soldo aos docentes do 5%. Despois, as autonomías, unhas máis que outras, foron eliminando plans de infraestruturas, reducindo bolsas de transporte, o diñeiro para a formación do profesorado, os gastos correntes dos centros...
Pero aos responsables políticos non lles parecía suficiente, e tras a promesa a Bruxelas por parte do Goberno de facer un recorte adicional de 3.000 millóns de euros, o Ministerio de Educación aprobou un real decreto que empurraba as comunidades que aínda se estaban a resistir a facer o que xa fixeran moitas: reducir drasticamente o equipo de profesores, xa que entre o 70% e o 75% do gasto das 17 consellarías corresponde ao de persoal. Como? Aumentando as horas de clase que dan os docentes, reducindo a cobertura de baixas ou aumentando o número máximo de alumnos por clase. Así, o descenso en máis de 20.000 docentes na escola pública (ata o curso pasado), provocou, sobre todo, a eliminación de apoios e programas para os alumnos con dificultades.
"Os primeiros anos podían dicir que había graxa, pero xa calquera recorte que se faga afecta ao músculo da educación", apunta José Blanco, responsable de ensino en Andalucía de CC OO. Pouco a pouco, as comunidades foron eliminando axudas para libros de texto, servizos gratuítos de comedor, programas de implantación tecnolóxica... O marxe de recorte que queda xa é moi estreito. Sobre todo, porque o alumnado seguiu crecendo neste tempo de axustes: no curso 2013-2014 hai polo menos medio millón de estudantes máis que en 2009-2010 (sumando educación non universitaria e universitaria).
Moitas comunidades prevén, mesmo, unha leve suba das partidas educativas en 2014. Por exemplo, en Baleares está terá 15 millóns máis que en 2013 (un 2,17% máis). Non obstante, se se compara coas contas de 2010, apréciase un recorte global de 52 millóns (un 6,6%). A gran maioría das comunidades -salvo Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña, Galicia, Murcia e País Vasco- teñen previsto incrementar o gasto o próximo ano. Pero, segundo resalta CC OO, ese aumento de 142,6 millóns non consegue compensar a redución do resto e, sobre todo, o axuste anterior.
O maior incremento para 2014 é o do Ministerio de Educación. O departamento de José Ignacio Wert gastará 205 millóns máis, o que supón unha suba do 10,5% respecto a este exercicio, polo aumento do presuposto para bolsas. Non obstante, nas contas de 2014 non existe "ningunha previsión específica de financiamento vinculado" á recén aprobada Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), insiste CC OO; tampouco aparece nas contas da maioría de autonomías. Algunhas delas e o Consello Escolar do Estado dubidaron de que esta norma conte con financiamento abondo para a súa implantación.
Pero a pesar do aumento, o departamento de Wert foi un dos máis aplicados á hora de meter a tesoira. Recortou máis de 942 millóns dende 2010, un 30%. Iso supuxo a eliminación de practicamente todos os programas de colaboración que tiña coas comunidades, como o dos libros de texto (un millón de alumnos perdéronas) ou o de novas tecnoloxías. Castela-A Mancha, pola súa banda, é a que encabeza o recorte de profesorado en dous cursos: perdéronse 4.500 docentes na pública (hai un 14% menos), segundo os datos do ministerio.

A promesa a Bruxelas esvaécese

A protesta educativa cobrou unha enorme forza co decreto de recortes do Goberno de mediados de 2012, con varias folgas unitarias de todo o sector. Aínda que a fronte contra a reforma educativa (LOMCE) que acaba de aprobar o Congreso tamén lle deu forza, unha das espitas importantes para a mobilización foi a promesa do Executivo de Mariano Rajoy a Bruxelas en abril de 2012 dunha baixada dun punto do PIB no investimento público en educación entre 2010 e 2015 (do 4,9% ao 3,9%). Isto é, un recorte duns 10.000 millóns en cinco anos.

 Non obstante, agora, á luz dos proxectos de Presupostos para 2014, que anuncian un recorte acumulado dende 2010 de 7.298 millóns, parece moi difícil que vaia cumprirse esa promesa, pois significaría aplicar nun só ano unha gran tesoirada nun sistema que, segundo a maioría de especialistas, xa está nos ósos. E, tendo en conta, ademais, que a aplicación da nova lei educativa supoñerá un gasto extra de polo menos 400 millóns de euros e que á volta da esquina están as eleccións en boa parte de comunidades e as xerais a finais de 2015. "Se non se cumpren [as previsións de recorte enviadas a Bruxelas] e isto é máis caro, será porque teremos conseguido unha redución do abandono escolar temperán", dixo o ministro José Ignacio Wert a este xornal nunha entrevista o pasado outubro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario