Anxo Louzao considera que a Oferta de Emprego anunciada pola Xunta, de tan só 100 prazas para Secundaria, é “raquítica” e asegura que nin pasou pola Mesa Sectorial.
A CIG-Ensino valorou este mércores día 11
de decembro, en rolda de prensa, os orzamento da Consellaría de
Educación para o ano 2014. Uns orzamentos que se reducen un 0.93% en
relación aos do ano 2013 e que teñen diminuído desde 2009, segundo
denunciou o secretario nacional da CIG-Ensino, en máis dun 33,5%. Deste
xeito, o PP dedicará ao ensino 20 millóns menos que no exercicio 2013,
170 menos que no do 2012 e 183 menos que no do ano 2011. En total, 680
millóns de € menos que en 2009.
“O gasto en educación supón un 20,86% dos orzamentos totais da
Xunta de Galiza, cando chegou a supor o 27% nos anos 2007 e 2088,
situándose agora nas porcentaxes máis baixas dos últimos anos”, explicou
Anxo Louzao, secretario nacional, da CIG-Ensino. Ante isto, afirmou que
con estes orzamentos “afóndase no desmantelamento do ensino público,
aténtase contra o dereito de acceso universal á educación, atráncase a
igualdade de oportunidades e ponse en cuestión a cohesión social”. Isto
xunto co feito de que “mesmo acrecentan as múltiples carencias que ten
neste momento o sistema educativo galego no seu conxunto”. Con
este enorme recorte, Louzao advertiu que “o dereito á escolarización
que nos asiste a todos e a todas está en perigo” porque non se garante a
“total gratuidade do acceso á educación”. Un perigo que é aínda maior,
explicou, cando unha maioría da poboación ten que facer fronte ao
pagamento dos libros de texto, dos comedores ou das actividades
extraescolares, nun contexto socioeconómico especialmente difícil, cun
23% de desemprego, con salarios cada vez máis baixos e con moitas
familias nas que non hai ingresos de ningún dos seus membros.
Oferta de emprego
Alén de debullar os orzamentos e de analizar os recortes que se introducen nas distintas partidas, o secretario nacional de CIG-Ensino puxo tamén en cuestión a “raquítica” oferta de emprego –de tan só 100 prazas- para o Ensino Secundario. Oferta anunciada hoxe mesmo pola Xunta de Galiza que considerou mesmo “insultante” e que “non pasou sequera pola Mesa Sectorial” como sería preceptivo.
Para Louzao con sito preténdese un “lavado de cara” ante a necesidade de profesorado que hai, porque desde 2010 non hai oferta de emprego, hai uns 3.000 profesores/as interinos e substitutos, se reduciron en máis de 3.000 os postos de traballo e se produciron arredor de 4.000 xubilacións.
O secretario nacional de CIG-Ensino cuestionou tamén esta OPE tendo en conta as graves carencias de profesorado que hai nos centros e denunciou que nos propios orzamentos se recolle, unha vez máis, a limitación do 10% na taxa de reposición de efectivos. “É unha oferta absolutamente insuficiente”, concluíu.
Partidas orzamentarias
Entre outros datos, a CIG-Ensino denuncia que os orzamentos deseñados polo PP para o ano 2014 traduciranse nos seguintes recortes:
O Capítulo I, que fai referencia a gastos en persoal, mingua nun 1.33%, e faino en maior proporción que o de Administración xeral, que queda nun 1%. Porén, non hai decrecemento no referido ao persoal eventual do gabinete, que ademais tivo un incremento do 27% no exercicio do ano 2013.
Redúcese nun 30%, a partida destinada á formación (1.4 millóns) dun cadro de persoal de 30.000 docentes. Dedicarase 4,1 euros anuais á formación permanente de cada profesor/a.
A Consellaría prevé dedicar soamente 7.617 euros para a prevención dos riscos laborais, a mesma cantidade dos últimos exercicios, a pesar de que o TSXG, despois dun recurso da CIG-Ensino, obriga a Consellaría a garantir o recoñecemento médico anual ao profesorado.
A taxa de reposición de profesorado segue a limitarse a un máximo de 10% dos efectivos, de tal maneira que, no mellor dos casos, a oferta de emprego público só abranguerá 10 de cada 100 vacantes que se produzan. Mentres, destínanse 27,7 millóns de euros para contratar preto de mil profesores e profesoras de relixión.
A Consellaría vai transferir directamente 244.7 millóns de euros á patronal dos centros concertados, maioritariamente pertencentes á Igrexa Católica, entre os que están os centros que segregan alumnado por razón de sexo.
As cantidades destinadas aos concertos supera o 12% dos orzamentos da Consellaría de Educación. Ademais estes centros ven ampliadas as súas subvencións, mediante distintos mecanismos que actúan para bonificar e desviar diñeiro público ao ensino privado. Por exemplo, a partida destinada a favorecer a participación dos centros privados concertados nos plans de mellora das competencias lingüísticas nun 50%.
En infantil e primaria redúcense nun 15% os investimentos reais e un 35,3% a partida destinada a reparación, ampliación e mellora dos centros (esta partida no 2013 xa se reduciu nun 22% )
No bacharelato e na formación profesional redúcense os investimentos reais nun 30% (no 2013 xa se reduciron nun 41,8%).e a partida destinada á reparación, ampliación e mellora dos centros destes niveis educativos tamén se reduce nun 40%.
O proxecto de orzamentos só contempla a construción de dous centros en toda Galiza e reformas menores en nove. Destínase a esta partida soamente 5,3 millóns para todos os niveis educativos, decrecendo un 18% respecto aos orzamentos de 2013.
De novo, rebáixase a partida dedicada ao funcionamento dos centros de educación infantil, primaria e ESO nun 2,44%, mentres a partida dos centros de secundaria e formación profesional só se incrementa 0,5%, cando o ano pasado decreceu un 9,47%.
Decrece a partida destinada ao transporte escolar nun 1.34%.
A partida destinada ao fomento da lectura redúcese nun 93%, pasando de 165 mil euros a 11.059. Os fondos para bibliotecas (600 mil euros) mingua nun 8,4 e a atención ás bibliotecas escolares queda só en 25.000 euros.
Os orzamentos para libros de textos caen até os 9,5millóns, reducindo a partida en máis do 25% en relación ao orzado para o ano 2013.
O crecemento dos orzamentos da Universidade non supera o 1% fronte ao recorte do 6,6% que sufriu nos orzamentos do ano 2013.
Mantense a redución sistemática da partida dedicada ao fomento da lingua galega, que se ve minguada nun 5.05% para o ano 2014, cando xa tivo unha diminución do 25.31% no ano 2013 e do 10.05% no ano 2012. O orzamento destinado á nosa lingua pasa de 19,8 millos de euros do ano 2009 aos 7,09 millóns previstos para o ano 2014. Mentres a partida referida ás transferencias ás empresas privadas incrementase nun 240%, pasando de 250.000 euros do ano 2013 aos 850 mil asignados para o ano 2014, o que supón máis do 12% do total que a Xunta de Galiza dedica á promoción e potenciación do noso idioma.
A partida destinada á prevención do fracaso escolar (17,4 millóns de euros), mingua nun 0.83% respecto do ano 2013, que xa decrecera nun 5.32%.

Ningún comentario:
Publicar un comentario