Os axustes non deben impedir que se aborden as carencias do sistema educativo.
Mentres algúns indicadores permiten constatar que o ciclo económico
está a cambiar, os presupostos do Ministerio de Educación e as
diferentes comunidades autónomas para 2014 certifican novos recortes.
Contando con estas previsións -aínda que o axuste vai ser menor que no
pasado recente- as Administracións con competencias en ensino terán
reducido os seus presupostos en 7.298 millóns de euros entre 2010 e
2014. Cando se acaban de coñecer os resultados do último Informe PISA,
que rexistran un estancamento nas probas de avaliación de competencias
dos estudantes, un informe sindical eleva ata o 16,7% a mingua dos
presupostos no que levamos de crise. Á cabeza están Castela-A Mancha
(-31,1%), Cataluña (-24,1%) e Castela e León (-20,4).
A isto hai que engadir a redución aplicada por Educación nas súas partidas. O conxunto do sistema ten agora un 35% menos de recursos que hai 10 anos, mentres aumentaron as necesidades polo incremento do número de escolares. Nas aulas hai agora medio millón máis de alumnos que en 2009 e polo menos 20.000 docentes menos. Malia os anuncios ministeriais sobre aumentos en determinadas partidas e á previsión dun incremento do 10,5% en bolsas, a redución durante a crise redundará nunha perda de calidade. E as consecuencias perdurarán durante anos nun dos facores máis sensibles de competitividade dun país, o educativo.
A escaseza presupostaria impide incidir sobre as carencias xa identificadas como as principais causas dos mediocres resultados obtidos no Informe PISA. Con medidas, por exemplo, que melloren a calidade docente e incentiven a formación continuada do profesorado. Ou que sirvan para dotar axeitadamente os dispositivos de reforzo dos alumnos con necesidades especiais. Nos últimos anos, o sistema educativo español recibiu un importante continxente de nenos estranxeiros, moitos dos cales con carencias de escolarización. Nalgúns casos nin sequera coñecían a lingua en que se impartían as clases, o que fai baixar as medias. A mesma falta de recursos afecta aos alumnos con maiores capacidades. O Informe PISA indica que en España non se alcanzan as porcentaxes de excelencia que serían esperables, o cal significa que o sistema é incapaz de facer aflorar potencialidades que poderían desenvolverse.
Nestas circunstancias sería aínda máis doloroso que o Goberno aplicase ata o final o compromiso asumido en 2012 ante Bruxelas de recortar un punto do PIB o presuposto educativo (do 4,9% ao 3,9%), o que implicaría restar aínda outros 2.700 millóns de euros. É indubidable que os obxectivos de déficit deben ser respectados, pero tamén o é que a educación necesita ser preservada porque dela depende a futura capacidade produtiva do país.

Ningún comentario:
Publicar un comentario