Galicia, Catalunya, Navarra e Euskadi, comunidades con linguas oficiais distintas do castelán, están por riba da media do Estado en comprensión lectora nesa linguaOs alumnos a alumnas galegas están por riba da media española en todos os indicadores. En comprensión lectora (en castelán) Galicia crece trece puntos, até os 499, o que a converte na sexta comunidade autónoma, só superada por Madrid, Navarra, Castela e León, Asturias e Catalunya. En 2006 Galicia estaba en 479 puntos, moi por debaixo da media da OCDE (492) e agora está tres puntos por riba. Dáse a circunstancia de que Galicia, Catalunya, Navarra e Euskadi, comunidades autónomas con linguas oficiais distintas do castelán, están por riba da media do Estado en comprensión lectora nesa lingua.
En matemáticas é onde a media española queda estancada (só crece un punto) e tamén onde os resultados galegos son máis fracosEn ciencia é onde o estudantado galego obtén os mellores resultados: 512 puntos, só por detrás de Castela e León, Madrid, Asturias e Navarra, 11 puntos por riba da media da OCDE e 16 por riba da media española. Galicia crece seis puntos dende 2009 e sete dende 2006. En matemáticas é onde a media española queda estancada (só crece un punto) e tamén onde os resultados galegos son máis fracos: 489 puntos, cinco máis que a media do Estado, pero cinco menos que a media da OCDE. Ademais, Galicia mantense no mesmo nivel que hai tres anos e rexistra cinco puntos menos que en 2006.
Aumentan as desigualdades
O Goberno recibiu os datos como un argmento en favor do seu empeño en reformar a lei de educación. A secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, destacou que o rendemento dos estudantes españois segue por debaixo da media da OCDE "a pesar de que se gastou un 35% máis en educación" nos últimos 10 anos. Tamén insistiu en que o rendemento "non se relaciona co gasto" e sinalou que os resultados obtidos por España están por debaixo do que lle correspondería por PIB e investimento. Engadiu que os recortes orzamentarios "non van ter efecto negativo ningún no rendemento dos alumnos".O que amosan os datos de PISA é unha enorme desigualdade interna, grandes diferenzas nos resultados en función da características socioeconómicas de cada alumno, centro e comunidade autónomaPorén, o que amosan os datos de PISA é unha enorme desigualdade interna, grandes diferenzas nos resultados en función da características socioeconómicas de cada alumno, centro e comunidade autónoma. Extremadura ou Murcia, que obteñen os peores resultados, están cincuenta puntos por debaixo das comunidades con mellores resultados en todos os indicadores, como Navarra ou Madrid. E tamén Andalucía se sitúa por por debaixo (entre dez e doce puntos) da media do Estado.
O propio informe da OCDE, no seu resumo dos datos españois, sinala que en España "máis do 85% das diferenzas no rendemento en matemáticas é atribuíble a diferenzas socio-económicas, fronte ao 47% entre as rexións de Italia, o 16% en Canadá e o 26% en Australia". As diferenzas non están tanto no tipo de centro, ou nos recursos con que conta, senón no estatus económico das familias dos alumnos e alumnas. O informe sinala a este respecto que "as diferenzas en rendemento entre os centros máis favorecidos e os menos favorecidos foron relativamente pequenas en España: 26 puntos fronte aos 71 puntos de media da OCDE. Porén, as diferenzas de rendemento entre os alumnos que asisten ao mesmo centro educativo son significativas, principalmente entre os alumnos máis favorecidos e os menos favorecidos. Estas diferenzas aumentaron de 18 a 27 puntos entre 2003 e 2012, fronte a unha diferenza media de 19 puntos na OCDE en 2012".
A porcentaxe de alumnos desfavorecidos que obtivo un bo rendemento diminuíuDe igual xeito, a porcentaxe de alumnos desfavorecidos que obtivo un bo rendemento diminuíu. Nos países da OCDE, un 6,5% de toda a poboación estudantil é resiliente, é dicir vence os prognósticos socio-económicos que ten na súa contra e obtén un rendemento superior ao esperado. En Hong-Kong, Corea, China-Macao, Singapur e Vietnam un 12,5% dos alumnos son considerados resilientes. En España, un 6% dos alumnos son resilientes, o cal supón un descenso de 2 puntos desde 2003.
"Máis autonomía curricular nos centros educativos, unida a mecanismos eficaces de avaliación, colaboración e valoración da calidade docente, están asociados con mellores resultados"De feito, se se analizan os datos polo miúdo, observamos como aqueles alumnos e alumnas cuxos pais completaron a universidade, o bacharelato ou unha formación profesional superior, obteñen uns datos por riba da media da OCDE e semellantes aos dos rapaces e rapazas que noutros países proceden dun entorno familiar semellante. Pola contra, aqueles estudantes cuxos pais só completaron o ensino básico están a case cen puntos da media española e da media da OCDE.
Entre as conclusións do informe está tamén a de que "máis autonomía curricular nos centros educativos, unida a mecanismos eficaces de avaliación, colaboración e valoración da calidade docente, están asociados con mellores resultados".
Ningún comentario:
Publicar un comentario