A Federación de Ensino de UGT (FETE-UGT)
rexistrou unha petición na Oficina do Valedor do pobo para que esta
institución presente ante o Tribunal Constitucional un recurso contra a
Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), coincidindo
coa publicación desta este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A xuízo desta organización, a nova lei, que entrará en vigor a
primeira semana de xaneiro, "vulnera" os artigos 14 da Constitución
Española --dereito á igualdade e non discriminación--, 27 --dereito á
educación--, 23 --dereito de participación--, entre outros.Así mesmo, FETE-UGT indica que a queixa pon en cuestión a regulación que a lei proxecta sobre diferentes aspectos do modelo educativo que comprenden dende o deseño dos itinerarios educativos ata os criterios de escolarización, pasando polos contidos curriculares, os procesos de avaliación e promoción do alumno, as fórmulas de participación, autonomía e goberno dos centros docentes ou o réxime do profesorado, así como o "esixente" calendario de implantación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario