Un ano máis, coincidindo co comezo dos exames de grao na
UVigo e cos exames de decembro das licenciaturas na USC e na UdC desde
os Comités levamos adiante de novo unha campaña informativa sobre o dereito a dispor de copias dos exames na nosa lingua.
No caso de non dispores do teu exame en galego, podes
solicitar unha copia del na nosa lingua á tua ou ao teu profesor, xa que
este é un dereito recoñecido en grande parte da lexislación
universitaria.
Como parte da normativa que cómpre lembrar, este dereito
está recollido na literalidade da Lei de Normalización Lingüística de
1984 e no Plan Xeral de Normalización Ligüística do ano 2004. Alén do
anterior, no ámbito universitario tamén atopamos unha ampla normativa
que protexe o dereito das e dos estudantes a realizarmos os nosos exames
en galego e, xa que logo, a dispormos dunha copia deles na nosa lingua.
Así, tanto nos Estatutos das tres Universidades da Galiza, como nos
diversos regulamentos que os desenvolven, tamén vén recoñecido este
dereito.
Malia esta ampla normativa, é sinxelo comprobar até que punto estamos ante unha materia pendente na universidade galega.
Solicita o teu exame en galego, que non che corten a lingua!
Ningún comentario:
Publicar un comentario