martes, 10 de decembro de 2013

Educación deixa sen profesorado substituto aos docentes que participan na valoración de méritos do Concurso de Traslados

Convoca ao profesorado en plenos exames a unha Comisión e deixa os centros sen substitutos e substitutas.

A Consellaría de Educación ven de convocar a comisión para valorar os méritos relacionados coas publicacións do profesorado que participou no concurso de traslados do profesorado non universitario. Esta comisión está constituída por profesorado de distintos niveis educativos de todas as ensinanzas con destino definitivo no seu centro e dela forman parte tamén os representantes das organización sindicais. Nos anos anteriores, para o profesorado que formaba parte desta comisión, nomeábase persoal substituto xa que a
baremación destes méritos pode durar máis de 15 días.
A Consellaría ven de constituír a Comisión sen nomear docentes substitutos/as para o profesorado que forma parte dela. A CIG-Ensino quere denunciar a irresponsabilidade da Consellaría de Educación que, en plenas datas da primeira avaliación do curso, obriga ao profesorado a ausentarse do centro sen importarlle o desenvolvemento da avaliación.Por outra parte a Consellaría tampouco convocou formalmente as organizacións sindicais que teñen dereito a formar parte da propia comisión. Toda este desatino lévanos a exixir  que se pospoña o funcionamento da comisión para despois das vacacións de Nadal e que se nomeen substitutos/as para o profesorado que forma parte dela.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario