venres, 14 de novembro de 2014

XV Xornadas de expresión oral "Tíralle da Lingua"

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza as XV Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua, dirixidas ao profesorado co obxectivo de lle transmitir a importancia do factor oral na recuperación da lingua e de lle proporcionar técnicas para traballar a oralidade na aula.
As sesións desenvolveranse ao longo do vindeiro día 22 de novembro de 2014 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela). O prazo de matrícula (que debe realizarse a través do web da AS-PG) remata o vindeiro 20 de novembro.
Ademais destas xornadas, dirixidas ao profesorado, o proxecto Tíralle da Lingua consta tamén dun concurso de relato oral, dirixido ao alumnado, cunha fase final que se celebra no mes de maio en Santiago de Compostela.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario