martes, 25 de novembro de 2014

O CPEIG convoca o seu Concurso de Postais de Nadal

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar a terceira edición do Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas que estean a cursar infantil ou primaria, e que teñan vinculacións coas persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio que recibirá o gañador será unha tableta de 10 polgadas.
O certame aceptará creacións de técnica é libre, podéndose empregar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. Admitiranse entregas dende o 24 de novembro até as 23:59 horas do día 8 de decembro de 2014 a través de correo electrónico indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e idade do neno participante, xuntando a postal dixitalizada en formato JPEG ou PNG e cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada. O fallo do xurado darase a coñecer na páxina web do CPEIG o vindeiro 12 de decembro e o deseño gañador empregarse como postal de Nadal do CPEIG para 2014, recibindo o gañador unha tableta Bq de 10” (ou semellante, en función da súa dispoñibilidade).

Ningún comentario:

Publicar un comentario