martes, 25 de novembro de 2014

O 29 N todos ás rúas ás Marchas da Dignidade



cartel 29 NPan, teito, traballo!
A loita é o único camiño!
O lema de "Pan, teito, traballo " que se coreaba as rúas de Madrid con columnas provenientes de todo o Estado o pasado 22 de Marzo volve á carga este mes. O próximo 29 de Novembro desenvolverase unha nova acción de protesta nas principais cidades de todo o Estado. Os novos e traballadores afectados polas políticas criminais do Partido Popular volveremos encher as rúas para loitar contra os ataques que pretenden acabar coas conquistas sociais: coa educación e a sanidade públicas, contra as reformas laborais, en defensa dos postos de traballo, polo dereito a teito e como o seu propio nome sinala: pola nosa dignidade.
Dende o Sindicato de Estudantes chamamos a todos os mozos a participar masivamente nas manifestacións e lograr así repetir as multitudinarias manifestacións do 22 M, que deixaron totalmente claro que a maioría estamos contra os recortes e contra este sistema que permite que uns poucos se fagan de ouro a custa do sufrimento da maioría.
Onte día 20 de Novembro, Ana García, Secretaria Xeral do Sindicato de Estudantes participou na rolda de prensa para a presentación da manifestación do 29 N en Madrid, na que se explicaron todas as actividades e columnas que confluirán na Porta do Sol. Entre moitas columnas que partirán de diferentes localidades da periferia de Madrid, a columna da Marea Verde sairá dende a Glorieta de Embaixadores, a Columna da Plataforma contra a Impunidade do Franquismo farao dende Sol e, por último, a denominada Columna Exterior Internacional, farao dende a praza de Lavapiés. Entre as columnas máis destacadas, encóntrase a que sairá dende o Campamento da Dignidade dos traballadores de Coca Cola en Loita que será probablemente unha das máis multitudinarias.

Nos próximos días publicaranse todos os datos referentes ás manifestacións e accións de protesta que se levarán a cabo en todo o Estado. Pica aquí para consultar as que xa están publicadas.
http://marchasdeladignidad.org/
O 29 N todos ás rúas!
Pan, teito, traballo, DIGNIDADE!
Por unha educación pública e de calidade para os fillos dos traballadores!
Por un futuro digno para a xuventude!

Ningún comentario:

Publicar un comentario