mércores, 19 de novembro de 2014

Os institutos de Lalín participan na X Olimpíada de Bioloxía

Os institutos de Lalín, IES Laxeiro e Ramón Mª Aller Ulloa participarán na X Olimpíada de Bioloxía. O certame celebrarase en xaneiro na facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. O concurso está dirixido a estudantes de segundo curso de bacharelato que cursen esta materia durante este ano académico ou alumnos que a cursasen en 1º de Bacharel e que fosen seleccionados polas cualificacións. Trátase da fase autonómica que permitirá clasificarse para o certame nacional, que se celebrará en León e na que participarán o tres gañadores. A proba consistirá na resolución dunha proba teórica tipo test e unha práctica con contidos de Bioloxía de ESO e Bacharelato, centrados na base molecular e fisicoquímica da vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario