xoves, 20 de novembro de 2014

O 28% dos profesores sofre acoso e ameazas de pais, segundo un estudo

O 28% dos docentes sofre acoso e ameazas por parte de pais de alumnos e o 19% son denunciados polas familias, segundo o informe do Defensor do Profesor do sindicato ANPE relativo ao curso pasado.

Dos 3.345 docentes que acudiron a este servizo, fundamentalmente da educación obrigatoria, o 27% asegurou que padecía faltas de respecto dos estudantes e o 16%, acoso e ameazas.

Un 25% sinala que ten problemas para impartir as clases pola indisciplina dos alumnos e o 10% exponse abandonar a profesión por mor da conflitividade escolar.

En conferencia de prensa, o presidente de ANPE, Nicolás Fernández Guisado, afirmou que os "recortes" en educación si tiveron unha incidencia directa "negativa" na calidade escolar e, aparte, supuxeron un "aumento da conflitividade" nas aulas e un "retroceso" ou "estancamento" da convivencia en comparación cos últimos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario